Deus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de Poderkiller777 (conversa); cambiado á última versión feita por Breogan2008
m Bot: Cambios estética
Liña 2:
[[Ficheiro:Creation of the Sun and Moon face detail.jpg|miniatura|dereita|222px|Creación do [[Sol]] e da [[Terra]] de [[Miguel Anxo]].]]
[[Ficheiro:YHWH.svg|Tetragrama|thumb|200px|Nome de [[Tetragrama|Iavé]] en [[Lingua hebrea|hebreo]].]]
O concepto [[teoloxía|teolóxico]], [[filosofía|filosófico]] e [[antropoloxía|antropolóxico]] de '''Deus''' (do [[Lingua latina|latín]]: ''Deus'') fai referencia a unha [[deidade]] suprema. Deus é o nome que se lle dá en galego a un ser supremo [[omnipotencia|omnipotente]], [[omnipresenza|omnipresente]], [[Omnisciencia|omnisciente]] e [[deus persoal|persoal]] en [[relixión|relixións]]s [[Teísmo (filosofía)|teístas]] e [[deísmo|deístas]] (e outros [[crenza|sistemas de crenzas]]) quen é: ou ben a ''única'' deidade, no [[monoteísmo]], ou a deidade ''principal'', nalgunhas formas de [[politeísmo]], coma no [[henoteísmo]].<ref name=Swinburne>[[Richard Swinburne|Swinburne, R. G.]]: «God», en Honderich, Ted (ed.): ''The Oxford Companion to Philosophy''. Oxford (Reino Unido): [[Oxford University Press]], 1995.</ref>
 
Deus tamén pode referirse a un ser supremo non persoal coma no [[panteísmo]], e nalgunhas concepcións é unha mera [[idea]] ou razoamento sen ningunha realidade subsistente fóra da [[mente]], coma nos sistemas [[materialismo|materialistas]].