Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot: Cambios estética
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:1873 Pierre Auguste Cot - Spring.jpg|miniatura|241px|<center>''Le printemps'' («A primavera», 1873), pintura de [[Pierre Auguste Cot]].</center>]]
O '''amor''' é un concepto universal relativo á ''afinidade'' entre seres, definido de diversos xeitos segundo as diferentes ideoloxías e puntos de vista ([[arte|artístico]], [[ciencia|científico]], [[filosofía|filosófico]], [[relixión|relixioso]]). A miúdo, e fundamentalmente en [[Occidente]], interprétase como un [[sentimento]] relacionado co [[afectividade|afecto]] e o agarimo, e resultante e produtor dunha serie de [[actitude]]s, [[emoción|emocións]]s e [[experiencia]]s. No contexto filosófico, o amor é unha [[virtude]] que representa todo o [[afectividade|afecto]], a [[Ben (filosofía)|bondade]] e a [[compaixón]] do [[Homo sapiens|ser humano]]. Tamén se pode describir como accións dirixidas cara a outros e baseadas na compaixón, ou ben como accións dirixidas cara a outros (ou cara a un mesmo) e baseadas no afecto.<ref name=Eric>Fromm, Eric; "The Art of Loving", Harper Perennial (1956), Original English Version, ISBN 0-06-095828-6, ISBN 978-0-06-095828-2</ref>
 
En [[Lingua galega|galego]], a verba ''amor'' (do [[Lingua latina|latín]], ''amor, -ōris'') abrangue unha gran cantidade de sentimentos diferentes, dende o desexo paixonal e de intimidade do [[amor romántico]], proximidade emocional asexual do amor familiar e o [[amor platónico]],<ref name="PlatonicSchool">{{cita libro |apelidos=Kristeller |nome=Paul Oskar |título=Renaissance Thought and the Arts: Collected Essays |editorial=Princeton University |ano=1980 |isbn=0-691-02010-8}}</ref> até a profunda [[devoción]] ou unidade do amor relixioso.<ref name="Gita">{{cita libro |apelidos= Mascaró |nome=Juan |título=The Bhagavad Gita |editorial=Penguin Classics |ano=2003 |isbn=0-140-44918-3}} (J. Mascaró, translator)</ref> Neste último terreo, trascende do ''sentimento'' e pasa a considerarse a manifestación dun ''estado'' da [[alma]] ou da [[mente]], identificada nalgunhas relixións con [[Deus]] mesmo ou coa forza que mantén unido o [[universo]].