Diferenzas entre revisións de «Historia Brittonum»

A maior parte dos lugares citados son escuros e non poden ser identificados. Algunhas das batallas aparecen nalgunha outra obra da [[literatura galesa]], aínda que non todas están conectadas explicitamente con Arturo. Algúns académicos propuxeron que o autor tomou a lista dun poema antigo galés agora perdido que listaba as doce grandes vitorias de Arturo, baseado no feito de que algúns dos nomes parecen rimar e polo indicio da descrición estraña de Arturo cargando nos seus ombros a imaxe da [[María (nai de Xesús)|Virxe María]] en Guinnion podería conter unha confusión da palabra galesa ''iscuit'' (escudo) por ''iscuid'' (ombros).<ref>Green, pag. 19.</ref> Porén, outros rexeitan isto como insostíbel,<ref>Green, pag. 19-21.</ref> argumentando que no seu lugar o autor inclúe batallas que non foron previamente asociadas con Arturo ou quizais as inventou por completo. Unha historia similar tamén aparece nos ''[[Annales Cambriae]]'', onde Arturo é descrito levando «a cruz do noso Señor Xesús Cristo nos seus ombros por tres días e tres noites...», aínda que aquí se di que a batalla é en Badon en lugar de Guinnon.<ref>Green, pag. 26.</ref> T. M. Charles-Edwards argumenta que estas versións se refiren a unha mesma fonte.<ref name=repetida_1>Green, pag. 28.</ref> Outros estudosos, porén, como é o caso de Thomas Jones e de N. J. Higham, argumentan que a historia dos Annales ''se basea directamente na Historia'', en cuxo caso o nome da batalla tería mudado do descoñecido Guinnon ao famoso Badon e a icona que carga Arturo substituída cunha máis común.<ref name=repetida_1 />
 
A batalla do Monte Badon é relacionada con Arturo en varios textos posteriores, pero non é asociada con el en ningún que preceda a ''Historia''.<ref>Green, pag. 41.</ref> Era claramente unha batalla histórica que foi descrita por [[Xildas]], quen non menciona o nome do líder britano (porén, menciona a Aurelio Ambrosio como un gran azoute dos saxóns inmediatamente anterior).<ref>Green, pag. 31.</ref> Das outras batallas, é xeralmente aceptado que só a Batalla de Tribuit está asociada con Arturo noutra fonte galesa previa.<ref>Green, pag. 20.</ref> Tribuit aparece como Tryfrwyd no poema galés antigo ''Pa Gur?'', datado cara a mediados do século IX. Aquí é asociada con ''cinbin'' ou [[cinocéfalo]] s; os homes de Arturo loitaron nas montañas de ''[[Edimburgo|Eidyn]]'' (Edimburgo) e adestráronse cun personaxe chamado Garwlwyd (Rudo-gris) que é probabelmente idéntico a Gwrgi Garwlwyd (home-can Rudo-gris) quen aparece nunha das [[Tríades galesas]].<ref>Bromwich, pax. 73–74</ref><ref>Véxase Bromwich pax. 385 para a discusión de Gwrgi Garwlwyd como un home lobo.</ref><ref name=Green 84"Green84-85">Green, pag. 84-85.</ref> O principal protagonista de Arturo na loita é [[Bedevere|Bedwyr]], máis tarde coñecido como Sir Bedevere, e unha referencia máis temperá no poema indica que o deus [[Manawydan]] está tamén involucrado.<ref name=Green 84"Green84-85 "/> «A cidade da lexión» podería ser unha referencia a [[Caerleon]], cuxo nome se traduce como tal, pero podería tamén referirse a [[Chester]], o lugar dunha gran base romana.<ref>Ashe, Geoffrey (1991). "Annales Cambriae". En: Lacy, Norris J. (ed.), ''The New Arthurian Encyclopedia'', pag. 65. New York: Garland. ISBN 0-8240-4377-4.</ref>
 
== Notas ==