Piano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Pianistas famosos: nova sección desde es:piano
Liña 101:
 
Na [[música do romanticismo|música romántica]], ademais da sonata, aparecen formas máis libres e de orixes diversas como o [[nocturno]], o [[impromptu]], o [[scherzo]], a [[balada]], a fantasía, a [[mazurca]], o [[vals]], a [[rapsodia]] ou o [[preludio]]. Esta época verá tamén o nacemento do concerto para piano na súa forma moderna, xeralmente unha peza que necesita un dominio completo do instrumento.
 
==== Compositores destacados de música clásica ====
[[Ficheiro:Image-Frederic Chopin photo downsampled.jpeg|miniatura|200px|[[Frédéric Chopin]] foi un destacado pianista e [[compositor]] romántico de obras para piano.]]
As primeiras composicións específicas para piano apareceron en torno a [[1732]], entre as que destacan as 12 [[sonata]]s para piano de [[Lodovico Giustini]] tituladas ''Sonate da cimbalo di piano e forte detto volgarmente di martelletti''.
 
No período barroco houbo moitos compositores destacados que compuxeron obras e conciertos para instrumentos de teclado. Por elo non se lles pode considerar compositores para piano pero moitas das súas obras foron interpretadas posteriormente con dito instrumento. Entre eles destacan os [[alemáns]] [[Johann Sebastian Bach]] e [[Georg Friedrich Händel]], os [[Francia|franceses]] [[Jean-Philippe Rameau]] e [[François Couperin]], os [[Italia|italianos]] [[Domenico Scarlatti]] e [[Tomaso Albinoni]] e o frade [[España|español]] [[Antonio Soler]].<ref name="compositores">{{cita web |url=http://www.filomusica.com/filo88/inthistorica.html |título=Aspectos generales sobre la interpretación de la música para piano a través de la historia |dataacceso=4 de novembro de 2008 |lingua=castelán}}</ref>
 
No clasicismo destacan as obras para piano de compositores como [[Wolfgang Amadeus Mozart]], [[Joseph Haydn]], [[Ludwig van Beethoven]], [[Muzio Clementi]] e outros menos coñecidos como [[Friedrich Kuhlau]], [[Jan Ladislav Dussek]] e [[Anton Diabelli]]. Neste período tamén houbo outros compositores que crearon gran cantidade de [[sonatina]]s, [[rondó]]s e variacións, en ocasións con fins didácticos.<ref name="compositores"/>
 
O piano foi un instrumento representativo do romanticismo musical, non só no ámbito musical, senón tamén no técnico xa que, grazas aos avances tecnolóxicos froito da [[revolución industrial]], o seu mecanismo foi mellorado substancialmente. Da mesma forma que o [[capitalismo]] influíu no modo de organización xerárquico das cadeas de [[Produción (economía)|produción]], o piano utilizouse como ferramenta para conseguir a expresión musical e como axuda á composición.<ref name="literatura_piano">{{cita web |url=http://www.hagaselamusica.com/ficha-periodos-musica/romanticismo/musica-para-piano/ |título=Música para piano |dataacceso=5 de novembro de 2008 |lingua=castelán}}</ref> En dito período houbo importantes compositores como [[Felix Mendelssohn|Felix Mendelssohn-Bartholdy]], [[Frédéric Chopin]], [[Franz Liszt]], [[Robert Schumann]], [[Franz Schubert]], [[Johannes Brahms]], [[Edvard Grieg]] e [[Isaac Albéniz]] que realizaron obras para piano. Do romanticismo tardío destacan compositores como [[Aleksandr Skriabin]], [[Sergéi Rajmáninov]] e [[Gabriel Fauré]].<ref name="compositores"/>
 
Son poucos os compositores para piano que se poden considerar [[Impresionismo musical|impresionistas]]. Destaca principalmente [[Claude Debussy]] que compuxo unha ampla variedade de obras para piano e para orquestra e [[música de cámara|grupos de cámara]], ademais de 24 preludios, varias suites, estudos e outras obras. A sinfonía ou a sonata para piano foron composicións moi usadas polos compositores románticos e postrománticos, pero Debussy nunca compuxo ningunha obra deste tipo. Outro compositor francés que realizou obras deste estilo foi [[Maurice Ravel]], aínda que se considera un compositor [[Música neoclásica|neoclásico]] máis ca impresionista. Compuxo un elevado número de obras para piano, que orquestrou na súa maioría, e tamén transcribiu para piano obras propias ideadas para orquestra.<ref name="compositores"/>
 
Na [[música modernista|música contemporánea]] compositores como [[Béla Bartók]], [[Ígor Stravinski]], [[Sergéi Prokófiev]], [[Aaron Copland]], [[Dmitri Shostakóvich]], [[Arnold Schönberg]] e [[Dmitri Kabalevski]], entre outros, compuxeron unha ampla literatura pianística.<ref name="compositores"/>
 
== Pianistas famosos ==