Quinase dependente de ciclina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
[[Ficheiro:Cell Cycle 2.png|miniatura|350px|Esquema do [[ciclo celular]]. Anel externo: I=[[Interfase]], M=[[Mitose]]; anel interno: M=Mitose; G1=[[interfase|gase ''Gap'' 1]]; S=[[interfase|fase de Síntese]]; G2=[[interfase|fase ''Gap'' 2]]. A duración da mitose en relación con outras fases foi esaxerada neste diagrama.]]
As '''quinases dependentes de ciclina''' ou '''CDK'''s (ás veces Cdk, do inglés ''Cyclin-Dependent Kinase'') son unha familia de [[proteína quinase|proteína quinases]] que se descubriu primeiramente polo seu papel na regulación do [[ciclo celular]]. Están tamén implicadas na regulación da [[transcrición (xenética)|transcrición]], [[procesamento do ARN]]m, e na [[diferenciación celular|diferenciación]] das células nerviosas.<ref name = "Morgan2007">Morgan, David O. (2007). ''The Cell Cycle: Principles of Control.'' London: New Science Press, 1st ed.</ref> Están presentes en todos os [[eukarya|eucariotas]] estudados, e as súas funcións reguladoras no ciclo celular foron conservadas evolutivamente. De feito, as células de [[lévedo]]s poden proliferar normalmente cando os seus xenes CDK son substituídos polos xenes [[homoloxía de secuencias|homólogos]] humanos.<ref name = "Morgan2007" /><ref>Lee, Melanie; Nurse, Paul. (1987). "Complementation used to clone a human homologue of the fission yeast cell cycle control gene cdc2." ''Nature'' 327:31-35.</ref> As CDKs son proteínas relativamente pequenas, con pesos moleculares entre 34 e 40 kDa, e o seu dominio de [[quinase]] comprende practicamente toda a proteína.<ref name = "Morgan2007" /> As CDK actúan sempre asociándose a unha proteína reguladora chamada [[ciclina]]. Sen a [[ciclina]], a CDK ten pouca actividade de quinase; soamente o complexo ciclina-CDK é unha [[quinase]] activa. As CDKs [[fosforilación|fosforilan]] os seus substratos en residuos de [[serina]] ou [[treonina]], polo que son serina-treonina quinases.<ref name = "Morgan2007" /> A secuencia consenso para o sitio de fosforilación na secuencia de [[aminoácido]]s dun [[substrato encimático|substrato]] da CDK é [S/T*]PX[K/R], onde S/T* é a serina ou treonina fosforiladas, P a [[prolina]], X é calquera aminoácido, K é [[lisina]], e R é [[arxinina]].<ref name = "Morgan2007" />