Eadbald de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 11:
A [[Britania romana|Britania Romana]] xa se convertera ao Cristianismo, pero os invasores anglosaxóns eran tanto iletrados como pagáns. En 597, [[Agostiño de Canterbury]] foi enviado por [[Gregorio I, papa|Gregorio Magno]] a Inglaterra coa misión de converter a estes pobos ao cristianismo. Agostiño logrou converter a Ethelberto, que lle entregou terras en [[Canterbury|Canterbury.]] Outros dous reis, [[Saeberht de Essex]], e [[Raedwald de Anglia Oriental]], foron convertidos por influencia de Ethelberto<ref name="Bede_I_25">Beda, ''Ecclesiastical History'', bk. </ref><ref name="Kirby_30">Kirby, ''Earliest English Kings'', pp. 30–37.</ref>.
 
Unha fonte importante para este período na historia de Kent é a [[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|''Historia ecclesiastica gentis Anglorum'']], escrita en 731 por [[Beda]], un monxe beneditino de [[Reino de Northumbria|Northumbria.]] Beda estaba interesado principalmente na [[cristianización]] de Inglaterra, pero prové información substancial sobre historia secular, incluíndo os reinados de Ethelberto e Eadbald. Un dos correspondentes de Beda foi Albino, abade do mosteiro de San Pedro e San Paulo (posteriormente chamado de Santo Agostiño) en Canterbury. Unha serie de textos relacionados coñecida como a ''[[Lenda de SanSanta Mildrith]]'' proporciona información adicional sobre os eventos nas vidas dos fillos de Eadbald e sobre o mesmo Eadbald. A [[Crónica anglosaxoa]], unha colección de anais reunidos ao redor de 890 no reino de [[Wessex]], tamén proporciona información a este respecto. Outras fontes inclúen as bulas papais, as listas reais dos reis de Kent e cartas temperás. As cartas eran documentos destinados a rexistrar as doazóns de terras realizadas polos reis aos seus seguidores ou á igrexa, polo que provén algunhas das fontes documentarias máis temperás en Inglaterra; no entanto, ningunha do reinado de Eadbald sobreviviu en forma orixinal, pero existen algunhas copias posteriores<ref name="Yorke_25">Yorke, ''Kings and Kingdoms'', p. 25.</ref>.
 
== Sucesión ==