Turbocompresor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
m →‎Funcionamento: Osíxeno (elemento)
Liña 22:
O aire entra ao compresor axialmente, saíndo radialmente, co efecto secundario negativo dun aumento da temperatura máis ou menos considerable. Este efecto se contrarresta en gran medida co [[intercooler]].
 
Este aumento da presión consegue introducir no cilindro unha maior cantidade de [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] (masa) que a masa normal que o cilindro aspiraría a presión atmosférica, obténdose máis [[par motor]] en cada carreira útil (carreira de expansión) e polo tanto máis [[potencia]] que un motor atmosférico de cilindrada equivalente, e cun incremento de consumo proporcional ao aumento de masa de aire no motor de gasolina. Nos diésel a masa de aire non é proporcional ao caudal de combustible, sempre entra aire en exceso ao carecer de bolboreta, por iso é neste tipo de motores onde se atopou a súa máxima aplicación (motor [[turbodiésel]]).
 
Os turbocompresores máis pequenos e de presión de soprado máis baixa exercen unha presión máxima de 0,25 [[Bar (unidade)|bar]] (3,625 psi), mentres que os máis grandes alcanzan os 1,5 bar (21,75 psi). En motores de competición chégase a presións de 3 e 8 bares dependendo de se o motor é [[Ciclo Otto|gasolina]] ou [[Gasóleo|diésel]].