Diferenzas entre revisións de «Excomuñón»

No [[dereito canónico católico|dereito canónico]] da [[Igrexa Católica]] a excomuñón é unha [[censura]] e, xa que logo, unha pena correctiva que pretende convidar á persoa a cambiar de comportamentos ou actitudes, arrepentirse, e volver á comuñón plena.<ref>{{cita web|url=http://www.vatican.va/archive/ENG1104/__P4U.HTM |título=Code of Canon Law, canon 1312 |editor=Vatican.va |dataacceso=21 de agosto de 2013}}</ref> Non é, por tanto, unha "pena expiatoria" para paliar o mal feito nin unha "pena vingativa" co único propósito de castigar.
 
A excomuñón pode ser ''[[latae sententiae]]'' (automática, imposta no momento de cometer unha ofensa para a que o dereito canónico impón dita pena) ou ''ferendae sententiae'' (imposta de xeito directo por un superior ou declarada como sentenciasentenza dun tribunal eclesiástico).<ref>{{cita web|url=http://www.vatican.va/archive/ENG1104/__P4V.HTM |title=Code of Canon Law, canon 1314 |editor=Vatican.va |date= |dataacceso=21 de agosto de 2013}}</ref>
 
Os excomungados seguen a ser considerados católicos e, xa que logo, manteñen obrigas como a asistencia a [[Misa]], malia non poder recibir a [[Eucaristía]] e de tomar parte activa na liturxia (ler, levar as ofrendas etc.).<ref>"Even those who have joined another religion, have become atheists or agnostics, or have been excommunicated remain Catholics. Excommunicates lose rights, such as the right to the sacraments, but they are still bound to the obligations of the law; their rights are restored when they are reconciled through the remission of the penalty." [http://books.google.com/books?id=JKgZEjvB5cEC&printsec=frontcover&dq=new+commentary+on+the+code+of+canon+law&hl=en&ei=xAOzTcnVMIi6hAeTs5nkDw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCgQ6AEwAA#v=onepage&q=%22excommunicated%20remain%22&f=false ''New Commentary on the Code of Canon Law'', ed. by John P. Beal, James A. Coriden, Thomas J. Green, Paulist Press, 2000, p. 63 (commentary on canon 11).]</ref> Porén, a súa comuñón coa Igrexa considérase gravemente deteriorada.<ref>{{cite web|url=http://www.newadvent.org/cathen/05678a.htm |title=The Catholic Encyclopedia |publisher=Newadvent.org |date= |accessdate=2012-04-03}}</ref> Malia todo, ínstaselles a manter relación coa Igrexa, xa que a excomuñón busca o seu arrepentimento e a súa volta á participación activa na vida da mesma.