Diferenzas entre revisións de «Tecido muscular»

sen resumo de edición
{{sen referencias}}
[[Ficheiro:Skeletal muscle - longitudinal section.jpg|miniatura|300px|Corte lonxitudinal de tecido muscular estriado.]]
O '''tecido muscular''' é un tecido orgánico común a moitas especies animais. Trátase dunha agrupación de células musculares ou [[miocito]]s. Outras células presentes neste tecido son [[neuronas]] e células do [[tecido conxuntivo]].
 
== Músculo liso ==
{{Artigo principal|Músculo liso}}
Os miocitos do músculo liso son células fusiformes cun único núcleo central. Dispóñense formando túnicas con células intimamente pegadas. Histoloxicamente seméllase ao [[tecido conxuntivo]], sen embargoporén, ao microscopio o tecido muscular presenta máis densidade nuclear e unha maior coloración. Os núcleos son ovalados de extremos redondeados. Os fibroblastos do tecido conxuntivo teñen extremos puntiagudos.
 
As tincións máis idóneas para este tipo de tecido son tricrómicos coma o Azán (tinxe vermello o músculo e azul o coláxeno) ou o Van Gieson (músculo amarelo). Mediante inmunohistoquímica márcase o músculo con actina, mentres que o tecido conxuntivo circundante márcase con coláxeno IV e laminina.
 
O miocito contén unha serie de estruturas características:
* Corpos densos: son estruturas do [[citoplasma]] e [[membrana plasmática]] que serven de anclaxeancoraxe de filamentos finos.
* Fíos de desmina que recorren todo o citoplasma.
* Cono sarcoplasmático: estrutura en torno ao núcleo cheo de organelas pero sen filamentos.
 
== Músculo estriado esquelético ==
[[Ficheiro:Lateral head anatomy.jpg|miniatura|300px|Musculatura lateral da cabeza.]]
O músculo estriado pode supor ata o 50% do peso corporal. Encárgase dos movementos voluntarios e dalgúns involuntarios (músculos do [[oído]], da [[lingua]] e do [[ollo]]).
 
 
== Músculo estriado cardíaco ==
[[Ficheiro:Cardiac muscle histology.jpg|miniatura|300px|Múrculo cardíaco.]]
O músculo cardíaco presenta unha serie de características do músculo liso e outras do esquelético. En primeiro lugar, o [[cardiomiocito]] posúe un unico núcleo central. Son células máis pequenas que os rabdomiocitos e están totalmente unidas unhas a outras. Teñen forma cilíndrica e cada febra mide 100 [[micron]]s. Entre cada dúas células aparecen unha serie de discos intercalares. No cono sarcoplasmático acumúlanse as organelas, e coa idade un [[pigmento]] de desgaste denominado [[lipofuscina]].
 
2.518

edicións