Balneario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Algunhas das técnicas que se utilizan nos balnearios ademais das piscinas termais son baños con [[alga]]s, baños con [[lama]], baños de pel de [[pomelo]], inhalación de [[vapor]]es, [[hidromasaxe]], chorros de auga, circuítos ao contraxeito etc. No caso dos balnearios mariños, o conxunto de técnicas hidrosaudábeis utilizadas coñécese como [[talasoterapia]]. En canto aos balnearios e centros [[spa]] que empregan o método aiurvédico, os tratamentos aplicados nestes centros teñen como fonte principal o Aiurveda [1], un dos máis antigos e completos sistemas médicos. As instalacións complétanse con outros servizos para o coidado da [[saúde]] como [[masaxe]]s diversas, [[sauna]]s (turca, finlandesa, vaporarium etc.), [[raios uva]], [[solarium]], [[ximnasio]], camas de auga, tratamentos de [[beleza]] etc.
 
Cando non é posible que estea en lugares onde existan corpos de auga natural termal, utilízanse estanques cheos de auga quentada en [[caldeira]]s a [[gas]] ou outro [[combustible]]. APara os efectos de entretemento, comunmente atópanse nestes lugares tobogáns, piscinas de pouca profundidade para nenos, lagos artificiais para remo, estanques con [[onda (mar)|ondas]] artificiais e [[río]]s de diferentes correntes xeradas tamén de xeito artificial.
 
Pódese denominar balneario a lugares de descanso e esparexemento non necesariamente próximos ao [[mar]].