Foca común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 59:
Porén, a dinámica das poboacións nesta zona variaron profundamente desde aqueles tempos, con caídas recentes a gran escala nas subpoboacións do norte do [[Reino Unido]], e aumentos rápidos da poboación, interrompidos por descensos importantes debido ás enfermidades no [[mar de Wadden]], as do sur de [[Inglaterra]], [[Kattegat]] e [[Skagerrak]], e un aumento gradual despois de a case extinción na década de 1970 no Báltico. En xeral, a poboación de ''P. v. vitulina'' aumentou desde a década de [[1970]].<ref name=U/>
 
Na zona sur da área de distribución, desde mai máis ou menos tempo, rexístrase unha regresión continua da poboación. Dúas das colonias situadas no [[canal da Mancha]], a da [[illa de Wight]] e da [[baía de [[Somme]], desapareceron na actualidade. Esta última contaba con con moitos centos de animais a principios do [[século XIX]] e só con algunhas decenas a finais do mesmo. A súa caza, e as molestias continuas que sufría, fixeron que deixase de reproducirse contra [[1930]]. Así mesmo, constatouse que se produciu una diminución alarmante nas costas do mar do Norte. No delta do [[río Rin|Rin]] o número de focas decaeu de 800 en [[1959]] a menos de 50 en [[1971]], e no mar de Wasdden nese mesmo ano non se contaban más de 233 animais, mentres que eran máis de 1 000 algúns anos antes. O principal factor desta regresión parece ser que foi a acción dos [[contaminación|contaminantes]] sobre a fecundidade.<ref name=DR/>
 
Aínda que a área de distribución se estende até [[Portugal]], parece que nunca existiu unha colonia de reprodución máis meridional que a citada do Somme. As observacións feitas nas costas francesas da Mancha e o Atlántico, ou máis ao sur ([[España]], Portugal), mostran que se trata con frecuencia de individuos xuvenís e, raramente, adultos erráticos.<ref name=DR/>