Jean-François Lyotard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Casou en maio de 1948. Estudou na escola primaria “Lycées Buffon” de [[París]], e despois da súa graduación, en 1950, marchou a Constantine (no leste de [[Alxeria]], por entón ocupada por Francia) para traballar como profesor de [[filosofía]]. En 1954 fíxose membro de [[Socialismo ou barbarie]], organización política formada en 1948 ante a insuficiencia da análise trotskista para explicar as novas formas de dominación na [[Unión Soviética]]. Os seus escritos deste período preocúpanse sobre todo pola política de extrema esquerda, enfocándose na situación arxelianaalxeriana da que foi testemuña cos seus propios ollos mentres ensinaba filosofía en Constantine.
 
Comezou a dar clase na [[universidade de París VIII]] ([[Vicennes]]) dende a década dos setenta ata que chegou a profesor emérito no 1987. Tamén foi director fundador e membro do concilio do [[Colexio Internacional de Filosofía]], en París. Antes da súa morte pasaba o seu tempo entre París e [[Atlanta]], onde esinabaensinaba Francés e Filosofía na universidade de Emory.
 
En 1998, morre de improviso dun caso de leucemia que avanzara rapidamente mentres se preparaba para una conferencia sobre o [[postmodernismo]] e a Teoría dos medios de comunicación. Foi enterrado no cemiterio Le Père Lachaise, en París.