Diferenzas entre revisións de «Goberno provisional ruso»

sen resumo de edición
Como no caso de outros grupos, as exixencias dos soldados —uns sete millóns na fronte e outros dous millóns e medio nas guarnicións de retagarda<ref name="wade100"/>— ao comezo da revolución eran moderadas, centradas principalmente na democratización do Exército e a fin dos privilexios dos oficiais e da humillación das tropas.<ref name="uldricks617">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 617</ref> A incapacidade do groso dos mandos para adaptarse á nova situación, o respaldo do Goberno aos oficiais, e a fundada sospeita de que as chamadas a recuperar a disciplina militar e a preparación dunha ofensiva tiñan ademais unha segunda intención contrarrevolucionaria levou ao descrédito do Goberno entre os soldados.<ref name="uldricks617"/> A guarnición de Petrogrado, oposta desde o comezo á continuación da guerra, foi perdendo a súa inicial confianza e apoio cara os dirixentes socialistas moderados ante a falta de reformas.<ref name="uldricks617"/> O errado [[golpe de Kornilov]] a principios do outono acelerou definitivamente o proceso de oposición das tropas ao Goberno de coalición social-liberal e a exixencia de que o soviet tomase o poder.<ref name="uldricks618">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 618</ref>
 
Na fronte, as malas condicións das tropas pola falta de recursos fixo crecer as desercións; na súa maioría "campesiños uniformados". Moitos dos desertores regresaron ás súas aldeas levando con eles o radicalismo que xa crecía nas cidades e que se estendeu deste xeito polas provincias do [[Imperio Ruso|Imperio]].<ref name="pethybridge391"/> Ademais dos axitadores bolxeviques que o partido enviaba ás provincias, os soldados de permiso ou que desertaran actuaban tamén como propagandistas das posicións extremistas en asuntos políticos e sociais, a miúdo con grangrande efecto nas poboacións do agro ruso.<ref name="pethybridge166">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 166</ref> As desercións eran numerosas xa incluso na primavera: na fronte suroeste calculábanse uns dous mil soldados desertores nos ferrocarrís aos día a mediados de abril.<ref name="pethybridge174">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 174</ref> A chegada dos desertores ás guarnicións da retagarda afectou á moral destas, ademais de influír no campo. No outono, contábanse arredor dos dous millóns deles por todo o país.<ref name="pethybridge174"/>
 
==== Os plans de paz ====
A reacción represora do empresariado radicalizou aos traballadores, a pesar das peticións de moderación do Goberno e do [[Soviet de Petrogrado]].<ref name="uldricks616"/> Os obreiros responderon creando comités nas fábricas<ref name="wade92">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 92</ref> e, en ocasións, tomando o control das mesmas e atacando aos capataces e donos destas.<ref name="uldricks616"/> O número de [[bolxevique]]s e anarquistas, ambos extremistas, elixidos como representantes nos comités, nos soviets e nas xuntas sindicais, foi crecendo co tempo.<ref name="uldricks616"/> Os comités das fábricas se foron convertendo nun poder alternativo ao do Soviet da capital e ao gobernamental.<ref name="uldricks616"/> Moi próximos ás fábricas e talleres onde eran elixidos, eran organismos primordiais para expresar as aspiracións dos traballadores e rexeitados en xeral polos industriais, particularmente polos seus desexos de supervisar o funcionamento das fábricas.<ref name="wade92"/> A finais de maio, nun gran congreso de comités de fábrica con representantes de 300&nbsp;000 obreiros,<ref name="ferro364">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 364</ref> creouse un comité central de maioría bolxevique e avogouse pola creación dunha milicia obreira e o traspaso do poder aos soviets.<ref name="ferro366">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 366</ref>
 
Os industriais comenzaron por ceder ás exixencias de aumentos salariais dos obreiros —principalmente nas grandes cidades, con máis resistencia nas localidades de tamaño medio e nas pequenas fábricas<ref name="ferro347"/>— pero a inflación acabou xa no verán coa mellora na situación económica destes e as novas peticións foron rexeitadas,<ref name="wade90"/><ref name="ferro349">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 349</ref> en parte por razóns políticas e en parte económicas: os beneficios empresariais desapareceran co grangrande aumento dos custos das materias primas, o combustible, os soldos e a caída na produtividade.<ref name="wade186"/><ref name="ferro349"/> Incapaz de controlar a maioría dos custos de produción, o empresariado ruso centrouse nos salarios, o que enfrontouno aos traballadores.<ref name="wade187">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 187</ref> Mentres os primeiros desexaban asociar os salarios á produtividade,<ref name="ferro349"/> os segundos desexaban que se axustasen ao custo da vida.<ref name="wade187"/> As exixencias obreiras de supervisar as fábricas víronse en xeral rexeitadas polos industriais.<ref name="wade187"/> Os traballadores sospeitaban que os recortes tiñan un obxectivo político, cando en realidade a maioría das veces tiñan unha orixe económica.<ref name="wade187"/> Os obreiros percibían os peches de empresas como un ataque á revolución,<ref name="ferro361">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 361</ref> e esta impresión reforzaba a reivindicación de traspasar o Goberno aos soviets, que debían defender os seus intereses.<ref name="wade188">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 188</ref> Algúns destes peches, especialmente no verán, tiñan efectivamente carácter político e estaban organizados polos empresarios para premer ao Goberno e aos traballadores.<ref name="ferro361"/> O enfrontamento levou a un aumento das folgas e da tensión entre as dúas partes.<ref name="wade187"/> A vacilación do Goberno entre as exixencias do proletariado e as do empresariado defraudou a ambas partes.<ref name="wade188"/> Os intentos de mediación fomentados polo Goberno fracasaron nunha serie de conversas nas que as cuestións se delegaban a diversas comisións e os industriais alegaban problemas financeiros para aceptar as reformas exixidas polos representantes obreiros.<ref name="ferro352">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 352</ref> Os industriais comenzaron a clamar por un «Goberno forte» que favoreceu aos conservadores ao final do verán; os obreiros, por unha maior intervención gobernamental na industria, incluso pola socialización das fábricas.<ref name="wade188"/> A oposición do Goberno e a falta de respaldo da dirección do [[Soviet de Petrogrado]] aos comités das fábricas conduciu a que estes apoiasen cada vez máis á esquerda radical.<ref name="wade93">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 93</ref> A continua inflación, a guerra e a pobreza alimentaron o crecente extremismo obreiro.<ref name="wade100">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 100</ref>
 
=== O abastecemento das cidades e da fronte ===
 
=== O directorio e o quinto gabinete ===
Kerenskii creou un directorio de cinco membros<ref name="wade214">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 214</ref> o {{xulgregdata|14|9|1917|corto=true}}, ao tempo que proclamaba a república.<ref name="basil156">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 156</ref> Carente de figuras políticas de relevancia, no fondo supuxo a creación dun Goberno persoal do Primeiro Ministro, que quedou teoricamente reforzado polo nomeamento de Kerenskii como comandante en xefe do Exército; a autoridade civil e militar do país quedou nas súas mans.<ref name="wade214"/> Consciente da súa debilidade<ref name="anin443">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 443</ref> política,<ref name="wade119"/> buscou recuperar o apoio dos ''[[kadete]]s'' a pesar da hostilidade<ref name="wade214"/> cara estes de gran parte dos dirixentes socialistas tralo [[golpe de Kornilov|intento de Golpe de Estado]] do xeral [[Lavr Kornilov]].<ref name="basil156"/> Este aumentou o respaldo aos bolxeviques,<ref name="mosse417">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 417</ref> que acusaron aos socialistas moderados que controlaran ata entón o [[Soviet de Petrogrado]] de convenza co Goberno e os militares no golpe.<ref name="wade119">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 119</ref> A debilidade dos socialistas moderados plasmouse na perda<ref name="mosse417"/> da presidencia do Soviet da capital o {{xulgregdata|22|9|1917|corto=true}}, que [[Trotski]] pasou a presidir dezaseis días máis tarde. Os moderados tiveron que continuar coas súas actividades a través do [[Comité Executivo Central de Todas as Rusias]], elixido no Primeiro [[Congreso dos Soviets de Todas as Rusias]] en xuño e que aínda controlaban.<ref name="wade119">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 119</ref> Incluso entre os socialistas moderados creceu o rechazo a continuar cos gabinetes de coalición cos liberais.<ref name="wade121">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 121</ref><ref name="wade214"/> Con grangrande esforzo, porén, Tsereteli e os seus partidarios lograron manter o apoio socialista á coalición na [[Preparlamento|Conferencia Democrática]] a comezos de outubro: as confusas votacións aprobaron a continuación da coalición, pero rexeitaron que esta incluíse ao último partido liberal significativo —o [[Partido Democrático Constitucional]]— e deron paso ao encargo de Tsereteli de aclarar a situación con Kerenskii.<ref name="wade121"/><ref name="wade214"/>
 
Un novo Consello de Ministros de coalición —con dous ministros socialistas— acabou formándose o {{xulgregdata|8|10|1917|corto=true}}.<ref name="basil156"/><ref name="wade121"/><ref name="wade214"/> A pesar das votacións contrarias dos socialistas durante a conferencia democrática,<ref name="wade121"/> Tsereteli logrou a aprobación final da nova coalición, incluso despois de non lograr manter a súa promesa aos delegados socialistas de que o novo Goberno respondería ante o [[Preparlamento]] formado pola Conferencia.<ref name="basil156"/> Este último Goberno foi débil,<ref name="wade121"/><ref name="wade214"/> pouco máis que unha camarilla de Kerenskii, carente de verdadeiro apoio de socialistas e liberais,<ref name="basil156"/><ref name="wade214"/> que sumíronse pronto en disputas no Preparlamento.<ref name="basil157">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 157</ref> Os ministros eran figuras de segunda fila da política nacional e, a pesar do reforzamento das correntes esquerdistas no país tralo golpe frustrado, máis conservadores que os sus predecesores.<ref name="anin443">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 443</ref>
[[Ficheiro:Batallón-muerte-rusia--insiderussianrev00dorrrich.png|O batallón da morte formado por mulleres e último defensor do goberno provisional, xunto á sufraxista británica [[Emmeline Pankhurst]].|miniatura|200px|dereita]]
 
Para o outono, o respaldo aos [[bolxevique]]s, que se presentaban como a oposición por antonomasia tanto ao Goberno como á dirección do [[Soviet de Petrogrado]] ''defensista'', crecera notablemente, superando aos seus rivais socialistas [[menxevique]]s e incluso aos [[Partido Social-Revolucionario|socialrevolucionarios]] en moitas localidades.<ref name="wade206">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 206</ref> A incapacidade do Goberno e do Soviet de Petrogrado para acabar coa guerra, co problema da terra, cos nacionalismos ou coa crise económica que se agudizaba, reforzou a posición bolxevique e a da esquerda radical en xeneral.<ref name="wade206"/> Ante o crecente desprestixio da coalición social-liberal entre obreiros e traballadores, os bolxeviques pareceron cada vez máis a alternativa decidida a resolver rápidamente os problemas do país.<ref name="wade206"/> A falta de solucións para os problemas políticos, sociais e económicos levou a un clamor a favor dun cambio radical de Goberno nun ambiente de crise continua e crecente.<ref name="wade216">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 216</ref> A imposibilidade de atallar a crise económica, sen acabar antes coa guerra, fixo que o desexo de paz se convertese en abrumador.<ref name="wade216"/> A ameaza alemá a Petrogrado, que acentuouse no outono, levou tamén ao Goberno a anunciar plas para enviar parte da guarnición da capital á fronte para defender a cidade e para evacuar as principais industrias. Ambas medidas favoreceron aos radicais e partidarios de transferir o poder aos soviets, e tachouse ao Goberno de planear unha contrarrevolución.<ref name="wade216"/> A crise económica, caracterizada por un aumento da inflación —os prezos case se cuadriplicaron entre xullo e outubro— e un alarmante desabastecemento na capital, tamén favoreceron o radicalismo político.<ref name="wade217">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 217</ref> A finais de outubro, Petrogrado contaba con alimento unicamente para uns poucos días e o abastecemento era insuficiente. Os máis pobres volveron enfrontarse á fame.<ref name="wade217"/> A inflación acabou coas melloras salariais dos obreiros industriais, a produción caeu, e para final de ano se estimaba que a metade das fábricas da cidade terían que pechar por falta de combustible e materias primas.<ref name="wade218">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 218</ref> O sentimento de crise nacional viuse reforzado ademais polo grangrande aumento dos delitos e desordes públicos, moi aireados pola prensa; a percepción popular era a dun Goberno desbordado pola situación, e un corpo policial —a milicia— insuficiente.<ref name="wade220">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 220</ref> Os centos de miles de desertores que vagaban polo país no outono favoreceron os desordes e a impresión de crise social e política.<ref name="wade220"/> O afundimento da bolsa tralo errado [[golpe de Kornilov]] empobreceu a parte das clases medias e desatou o caos financeiro. O Goberno tiña cada vez máis dificultades para recadar impostos.<ref name="wade220"/> A axitación no campo e nas cidades creceu, así como as exixencias dos nacionalistas.<ref name="wade221">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 221</ref> Esta situación de crise fomentou os debates sobre a necesidade de que o Goberno actuase, e da posibilidade de que este fose substituído por outro.<ref name="wade221"/>
 
O Goberno foi derrocado con extrema facilidade polos [[bolxevique]]s, que instauraron o seu propio «Goberno provisional», o [[Sovnarkom]], o {{xulgregdata|7|11|1917|corto=true}} na coñecida como [[Revolución de Outubro]].<ref name="gill241">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 241</ref> A pesar de que o plan bolxevique para tomar o poder era coñecido desde varías semanas atrás, o Goberno, moi debilitado,<ref name="uldricks622"/> foi incapaz de impedilo.<ref name="gill241"/> Contaba para entón con escasas simpatías na capital e no campo, e con aínda máis escasos defensores.<ref name="gill241"/> [[Trotski]], o principal organizador da toma do poder polos bolxeviques, aproveitou o apoio das masas ao [[Soviet de Petrogrado]] para presentala como o traspaso de poder do Goberno Provisional aos [[soviet]]s, non aos bolxeviques.<ref name="uldricks621">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 621</ref> Consciente da importancia de ter o respaldo militar, asegurouse de controlar o [[Comité Militar Revolucionario]] da capital ao que, a súa vez, obedecía a guarnición de Petrogrado.<ref name="uldricks621"/> O {{xulgregdata|5|11|1917|corto=true}} a gran maioría das unidades militares da capital expresaron o seu sometemento ao [[Comité Militar Revolucionario]], e os infrutuosos [[Levantamento Kerenskii-Krasnov|intentos de Kerenskii]] por desbaratar o golpe ao día seguinte serviron simplemente para que Trotski presentase o golpe como unha medida defensiva dos soviets, que tivo lugar con escasos enfrontamentos.<ref name="uldricks622">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 622</ref>
2.518

edicións