Igrexa católica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Nome: arranxiño
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24:
[[Ficheiro:San Pietro Basilica.jpg|miniatura|dereita|300px|Basílica de San Pedro, na [[Cidade do Vaticano]].]]
 
A '''Igrexa Católica''', tamén coñecida como '''Igrexa Católica Romana''', é a maior denominación relixiosa [[Cristianismo|cristiá]] con máis de 1.200 millóns de fieis.<ref>[http://www.zenit.org/rssenglish-29058 Number of Catholics on the rise], en Zenit. Visitado o [[19 de xuño]] de 2010 {{en}}</ref>. Reclámase organizativa e doutrinalmente a Igrexa Cristiá orixinal fundada por [[Xesús]] e os [[Doce Apóstolos]]. A Igrexa Católica está gobernada polo [[Papa]] e polo [[Colexio Episcopal]], integrado polos bispos en comuñón con el, e do cal é cabeza. Hoxe en día os ritos que se empregan na Igrexa son o [[rito latino]] (con diversas variacións nalgunhas igrexas locais e nalgunhas [[orden relixiosa|ordes relixiosas]]), o [[rito bizantino]], o [[rito copto]], o [[rito siríaco|siríaco]], o [[rito armenio|armenio]], o [[rito maronita|maronita]] e o [[rito caldeo]].<ref>[http://www.vatican.va/archive/ESL0022/__P3D.HTM Catecismo da Igrexa Católica] "1203 As tradicións litúrxicas, ou ritos, actualmente en uso na Igrexa son o rito latino (principalmente o rito romano, pero tamén os ritos dalgunhas igrexas locais como o rito ambrosiano, o rito hispánico-visigótico ou os de diversas ordes relixiosas) e os ritos bizantino, alexandrino ou copto, siriaco, armenio, maronita e caldeo. "O sacrosanto Concilio, fiel á Tradición, declara que a santa Nai Igrexa concede igual dereito e honra a todos os ritos lexitimamente recoñecidos e quere que no futuro se conserven e fomenten por todos os medios"</ref>
 
As [[Notas da Igrexa|notas esenciais]] que definen á Igrexa son a súa Unidade, Santidade, Catolicidade e Apostolicidade; estas notas atópanse en tódalas [[Igrexa particular|Igrexas particulares]] que constitúen a Igrexa Católica, que son a [[Igrexa Latina]] e as [[igrexas católicas orientais]]; todas elas teñen en común as devanditas notas ou características esenciais e a autoridade suprema do [[Papa|Romano Pontífice]].
Liña 30:
En ocasións a Igrexa Católica é aludida como ''Igrexa Católica Apostólica Romana'' ou como ''Igrexa Católica Romana''; quen fai isto sostén que as [[Igrexa Anglicana|Igrexas Anglicana]] e [[Igrexa Ortodoxa|Ortodoxa]] tamén son católicas (no sentido etimolóxico e en todo o contido do termo) e que a única diferenza é non estar sometidos á autoridade do [[Papa]], ou ben se trata de persoas procedentes de países nos que o idioma adoptou esta expresión debido ao uso intenso por parte de comunidades relevantes de anglicanos e outros protestantes e de ortodoxos.
== Nome ==
O adxectivo "católico" deriva do [[grego antigo]] "καθολικός" ''(kazolikós)'', que significa "universal". [[Ignacio de Antioquía]], discípulo de [[Xoán o Evanxelista|san Xoán]], dá no ano 110 o testemuño máis antigo deste nome: "Onde estea o Bispo, estea o xentío, así como onde estea [[Xesucristo]] estea a Igrexa Católica" ,<ref>Carta aos esmirniotas 8:2</ref>, e [[Cirilo de Xerusalén|San Cirilo de Xerusalén]] xa emprega o termo nas súas "Lecturas catequéticas" para distinguirse de quen se facían chamar cristiáns, pero caeran en [[herexía]]s. Nos tres primeiros séculos da Igrexa os cristiáns dicían "cristián é o meu nome, católico o meu sobrenome".
 
Logo do [[Gran Cisma|Cisma de Oriente]] de [[1054]], a igrexa que permaneceu en comuñón coa [[Santa Sé|Sé de Roma]] continuou chamándose "Católica", mentres que as igrtexas orientais pasaron a coñecerse como "Ortodoxas". Despois da [[reforma protestante]] do [[século XVI]], a Igrexa seguiuno empregando para distinguirse das diferentes denominacións [[protestantismo|protestante]] que xurdiron.
Liña 68:
== Outros termos para designala ==
Os seguintes termos xorden especialmente a raíz do [[Concilio Vaticano II]] (da década do anos [[1960]]). Fan referencia a distintas formas de entender a natureza e obxectivos da Igrexa católica:
* Sacramento de Cristo.
* Pobo de Deus.
* Corpo de Cristo.
* Esposa de Cristo.
 
== Organización e demografía ==
Liña 131:
 
=== Contemporaneidade ===
* [[Concilio Vaticano II]].
* Papado de [[Xoán Paulo II]].
** Orientado especialmente ao ecumenismo e ao entendemento de tódalas relixións.
 
Liña 140:
En países como [[España]] e [[Arxentina]] a Igrexa Católica é criticada por percibir unha determinada cantidade monetaria directamente do Estado, tal como está contemplado nos Acordos entre o Estado Español e a Santa Sé de 1979 e no artigo 5 das Constitucións Arxentina, por exemplo.
 
O efecto é que cidadáns non católicos vén aplicada unha porcentaxe, por pequena que sexa, dos seus impostos ao sostemento dunha institución relixiosa cuxa doutrina é contraria ás súas propias crenzas ou que, sinxelamente, non consideran necesaria nin útil nas súas vidas. En España isto cambiou ó ser preguntado á hora de pagar o [[IRPF]].
 
A contribución do Estado ao sostemento económico da Igrexa Católica ten explicacións diversas segundo a historia e cultura de cada país, e en cada caso ten un alcance diferente.
Liña 160:
 
== Distribución no mundo ==
O total de números de católicos no mundo é máis de mil millóns, concentrándose nos continentes de [[Europa]] e [[América]] e en países en vías de desenvolvemento''.<ref>[http://www.ewtn.com/library/CHISTORY/ANNU2000.HTM Annuarium Statisticum Ecclesiae]''; L'Osservatore Romano, 2000.''</ref>
 
En Europa, son maioritarios os Católicos en [[Andorra]], [[Austria]], [[Bélxica]], [[Croacia]], [[Francia]], [[Hungría]], [[Irlanda]], [[Italia]], [[Lituania]], [[Malta]], [[Mónaco]], [[Polonia]], [[Portugal]], [[San Mariño]], [[Eslovaquia]], [[Eslovenia]] e [[España]]. En [[Alemaña]], [[Chequia]], [[Países Baixos]], [[Suíza]], e [[Irlanda do Norte]], están divididos en números similares entre católicos e protestantes.
Liña 176:
En [[Galicia]], a Igrexa Católica estrutúrase en 5 dioceses, a [[arquidiocese de Santiago de Compostela]] e as súas [[sé sufragánea|sés sufragáneas]] de [[diocese de Lugo|Lugo]], [[diocese de Ourense|Ourense]], [[diocese de Mondoñedo-Ferrol|Mondoñedo-Ferrol]] e [[diocese de Tui-Vigo|Tui-Vigo]]; e parte da [[diocese de Astorga]], sufragánea da [[arquidiocese de Oviedo]].
 
En canto á demografía, segundo o Barómetro Autonómico publicado polo CIS (Centro de Investigaciones Sociológicas) entre outubro e decembro do 2012,<ref>{{cita web|url=http://datos.cis.es/pdf/Es2963mar_A.pdf |título=Estudio nº2.963. Postelectoral de Galicia. Elecciones autonómicas 2012. Octubre-diciembre 2012. |páxina=30 |autor=CIS }}</ref>, o 80% dos galegos se declaran católicos, sendo a relixión maioritaria fronte ao 0,8% que declara profesar outra relixión.
 
Os datos de asistencia a oficios relixiosos –sen contar as cerimonias de tipo social como vodas, funerais, bautizos etc. e computando as respostas de todas as persoas que se definen como crentes (tanto no catolicismo como noutras relixións)– son os seguintes: o 47,7% case nunca asisten a oficios relixiosos, o 21,1% asiste varias veces ao ano a oficios relixiosos, o 11,6% asiste algunha vez ao mes, o 16% asiste case todos os domingos e festivos e un 2,5% afirma que vai varias veces por semana.