Cantiga de amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Pirineos ==> Pireneos
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Occitania blanck map.PNG|miniatura|220px|dereita|A «''cançó''», orixinaria da [[Occitania]], influíu na [[cantiga de amor]].]]
Segundo a ''Arte de Trobar'', as cantigas de amor caracterizábanse por seren "movidas a razón del" (é dicir, desde unha perspectiva masculina), en contraposición ás "[[cantigas de amigo]]" que eran movidas "a razón dela". Dito doutro xeito, as '''cantigas de amor''' son poemas nos que o poeta se dirixe en primeira persoa á súa dama, a ''senhor'', tamén a [[Deus]] ou ao mesmo [[amor]]; ou reflexiona sobre el ou sobre a amada. O tema é, igual que nas cantigas de amigo, o sentimento amoroso, pero neste caso o protagonista é un home.
 
== Orixes da cantiga de amor ==
[[ficheiro:William IX of Aquitaine - BN MS fr 12473.jpg|dereita|135px|miniatura|[[Guillermo de Poitiers|Guillerme de Poitiers]], o primeiro [[trobador]] provenzal.]]
Segundo unha parte da crítica, as ''cantigas de amor'' [[Galego-portugués|galego-portuguesas]] xorden por imitación da poesía [[trobadorismo|trobadoresca]] provenzal dos séculos [[Século XII|XII]] e [[Século XIV|XIV]], mais contan con adaptacións ao contexto galego-portugués e mais á época en que foron escritas (xa que a "«''cançó"''» provenzal é máis antiga que cantiga de amor galego-portuguesa), polo que non se trata dunha "«mala copia"» da lírica occitana (como se tendeu a afirmar durante anos).
 
Porén, desde a óptica actual -e—e segundo estudosos da literatura medieval como [[Yara Frateschi Vieira]], [[Giuseppe Tavani]] ou [[Xosé Ramón Pena]]- enténdese que a ''cantiga de amor'' resulta ser unha forma tan xenuinamente galego-portuguesa como a ''cantiga de amigo''; en realidade, non se trata dunha simple adaptación do lirismo occitánicooccitano, senón, polo contrario, do resultado do encontro entre unha creación autóctona e os xeitos que chegaron desde alén dos [[Pireneos]]. O corpus galego-portugués conta con 725 textos deste xénero.
 
==O amor cortés==
===Orixes===
[[Ficheiro:Court of Love in Provence in the Fourteenth Century Manuscript of the National Library of Paris.png|200px|miniatura|esquerda|Amor cortés na [[Provenza]] no Manuscrito do s.século XIV da Biblioteca Nacional de [[París]].]]
O amor cortés, que é o elemento vertebrador da cantiga de amor, consiste no traslado das relacións sociais feudais ao campo amoroso, de maneira que a ''senhor'' galega (''midónsmidons'', na [[Occitania]]) pasa a desenvolver o papel de señor feudal, mentres que o poeta tería que sufrir o ''rol'' de servo. Como se pode ver, a muller aparece neste caso situada nun cume social, mentres que o home (o poeta) está nun estamento superior. Isto, evidentemente, atentaba contra calquera concepción social, posto que na [[Idade Media]] o poder económico das mulleres era practicamente nulo, se ben é certo que en territorios do Sursur da Occitania as mulleres contaban cunha independencia económica superior á que tiñan o resto de mulleres do contorno europeo (pois podían herdar e manter os seus bens unha vez casadas). Aínda así, o seu poder socioeconómico non era superior ao dos homes.
 
A ''senhor'', por outra parte, debía ser (ou normalmente era) unha muller casada. E o compositor, debido ao código do xénero, non podía ser o seu marido. Derivado disto, nalgunhas composicións occitanas chégase a declarar a incompatibilidade entre amor e matrimonio. Por este motivo, tense discutido moito sobre a orixe do amor cortés, todas elas elaboradas desde a perspectiva provenzal. Existen tres teorías que tencionan explicar a súa aparición:
* Para algúns investigadores, o amor cortés tería como finalidade a crítica da institución matrimonial, o cal se pode poñer en relación coa incompatibilidade entre o amor e o matrimonio antes exposta. Aínda así, o poderío que a institución eclesiástica posuía naquela altura convida a descartar esta hipótese.
* Outros estudosos consideran que o amor cortés é un trasunto das "guerras albixenses", as cales foron realizadas para erradicar a herexía. Así, o poeta representaría o perfecto cabaleiro albixense, a ''midons'' a seita cátara e o marido desta, a [[Igrexa católicaCatólica]], posto que representa o impedimento da felicidade amorosa entre o poeta e a dama. Mais os preceptos [[Catarismo|cátaros]] refugaban de todo o que significase a alegría de vivir, pois pensaban que a alma só podía purificarse cun sufrimento extremo. Alén disto, tamén refugaban eles da ledicia amorosa, posto que para estes as relacións sexuais manchaban o espírito.[[Ficheiro:Codex_Manesse_071v_Kristan_von_Hamle.jpg|miniatura|dereita|200px|Amante medieval sendo izado nunha cesta (ilustración do '''''Códex Manesse''''' do [[século XIV]]).]]
*No entanto, a terceira das teorías da orixe do amor cortés é a que ten máis aceptación hoxe en día. Trátase da concepción deste como xogo poético. Na fortemente estamentada [[Idade Media|sociedade medieval]], o destino das persoas estaba predeterminado dende o momento do seu nacemento. No caso dos homes, se unha parella tiña máis de dous fillos, o primoxénito estaba destinado ás armas, o segundo á clerecía e, os restantes, normalmente eran enviados á casa do señor feudal correspondente, coa finalidade de formárense intelectualmente e tamén nas armas, e coa intención final de que puidesen gañar nun futuro os seus territorios. Estes últimos fillos (desde o terceiro en diante) debían ser célibes ata o momento do seu matrimonio, mais non debía ser doada a convivencia na casa señorial entre todos os homes novos e solteiros que nela convivían. Por este motivo, o señor feudal debía buscarlles un entretemento que fomentase de "forma sa" a competitividade entre estes. De aí xurdiría o "amor cortés", que sería un xogo poético no que os poetas mozos "rivalizan" polo amor da dama. Evidentemente, todas as situacións derivadas deste xogo normalmente eran irreais xa que o poeta non tiña porque estar namorado da ''midons''.
 
==Os graos polos que atravesa o poeta==
Dentro deste xogo literario do [[amor cortés]], os poetas pasarían por diferentes fases no seu camiño cara á conquista da dama, os cales poderían ser esquematizados do seguinte xeito:
* '''''Fenhedor''''': o poeta suspira polo amor da dama, mais nin sequera é quen de dirixirlle a palabra.
* '''''Precador''''': o poeta atrévese a confesarlle á dama o seu amor, sen obter éxito.
Liña 27:
No caso galego-portugués, os poetas nunca chegan ao grao de ''dudro'' e os estudosos discuten se os compositores galegos ficaron na fase de ''precador'' ou se, nalgúns casos, pasaron á de ''entendedor''.
==A idealización da muller. A coita e a morte de amor==
[[Ficheiro:Cantiga pipe and tabor.jpg|miniatura|Músicos tocando unha cantiga, miniatura das [[Cantigas de Santa María|''Cantigas de Santa María'']].]]
En todas as cantigas de amor galego-portuguesas, a descrición da ''senhor'' é máis ben abstracta. Isto é debido a que, normalmente, o código da lírica amorosa trobadoresca esixía que a ''senhor'' fose unha muller ideal. Derivado disto, as poucas alusións que atopamos das calidades físicas ou psicolóxicas da muller son moi xerais (''molher de cos ben talhado'', o ''sen''). Mais isto non é sempre así, pois achamos composicións en que esta regra non se cumpre. Así, nunha catiga de [[Johan Garcia de Guilhade]], o autor fai referencia á fermosura dos ollos da dama, ou noutra de Vidal, [[Judeu de Elvas]], achamos alusións ao peito branco da ''senhor''.
Liña 34:
A coita representa, como xa se dixo en estudos relacionados co tema, unha situación análoga ao sadomasoquismo. O poeta non só sofre, senón que é consciente de que ten que soportar a súa dor para sempre, posto que o amor da dama nunca (ou escasas veces) será correspondido. Achamos, aínda así, excepcións a isto, posto que [[Joan Mendiz de Briteiros]] escribiu unha cantiga en que o poeta afirma que deixará de servir a dama porque está farto de que lle faga padecer.
 
Da ecuación ''amor = vasalaxe'' do amor cortés obtemos como resultado a ecuación ''amor = condena''. O suxeito lírico, obrigado entón polo código trobadoresco a serlle fiel á dama, fica condenado a non obter nunca o ben da ''senhor'' e a vivir continuamente nun estado de sufrimento. Tanto é así que temos algunha composición en que o poeta desexa que a dama "reciba a coita que el recibe", tal e como encontramos nunha cantiga dun dos máis destacados trobadores galegos, [[Pai Gómez Chariño]], na cal o suxeito lírico acaba afirmando:
 
{{cita| '''''Se eu pudesse coita dar''''',
'''''a quen me coita deu'''''}}
 
Derivado desta situación de desesperación do suxeito lírico, este chega normalmente a morrer de amor. A chamada "«morte de amor"» é, daquela, outro dos recursos típicos deste xénero. O poeta consómese polo amor non correspondido, o cal o leva á morte. A maioría dos compositores de cantigas de amor utilizaron este recurso, mais moitos abusaron del ata o límite. Este é o caso, por exemplo, de [[Roi Queimado]], cuxo uso excesivo deste recurso o levou a ser obxecto das burlas dos seus compañeiros en moitas cantigas satíricas.
 
Algúns estudosos, ao trataren das orixes da cantiga de amor, falan da existencia de certa tradición autóctona de cantigas populares dedicadas a mulleres e de motivo amoroso. Non obstante, a influencia máis determinante nas nosas cantigas de amor é a "«''cançó''» provenzal". Así o chegaron a manifestar, de feito, algúns dos nosos trobadores.
 
==Véxase tamén==