Scottie Pippen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Substitución automática de "Pippin_headshot.jpg" por "Scottie_Pippen_headshot.jpg" segundo o ordenou CommonsDelinker. Motivo: [[:commons:C
Liña 54:
 
=== Partida e regreso de Jordan ===
[[Ficheiro:PippinScottie Pippen headshot.jpg|thumb|180px|left|Pippen en 2009.]]
A sorprendente retirada de Jordan ao final da tempada [[1993]] deixa a Pippen coa posibilidade de demostrar que é algo máis que un bo complemento para Jordan. Sen a sombra de "''Air''" sobre el, na temporada {{nbay|1993}} desprega o seu mellor xogo liderando aos Bulls en practicamente todos os apartados ofensivos e defensivos, conseguindo mesmo ser nomeado o MVP do All-Star e ser un serio candidato ao [[MVP da NBA|MVP da temporada regular]]. Finalmente levou aos Bulls a unha marca 55 vitorias por 27 derrotas, superarando a primeira rolda de Play-Offs con facilidade ante os [[Cleveland Cavaliers]] por 3-0, mais caendo nun axustado 4-3 contra os [[New York Knicks]] de [[Patrick Ewing]] que contaban co factor campo ao seu favor. Durante esta eliminatoria produciuse o suceso máis rocambolesco da vida profesional de Pippen. A falta de 1,8 segundos para o final do terceiro partido ante os Knicks, co marcador igualado a 102 e 2-0 abaixo na serie para os Bulls [[Phil Jackson]], adestrador de Chicago, solicita un tempo morto para preparar a xogada. Para sorpresa de todos Pippen, indiscutible líder do equipo, non é o elixido para facer este último lanzamento senón que Jackson decide que sexa [[Toni Kukoč]] quen o lance. O enfado de Pippen é tal que se nega a entrar á pista para esa última xogada, senta no banco e con xesto contrariado presencia a xogada. Kukoč recibe o balón a algo máis de 6 metros da canastra, lanza e anota. Todo son caras de alegría nos Bulls excepto en Pippen e Jackson.