Segunda cruzada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
Mentres tanto, o selxúcida Zengi, atabeg de Mosul, en 1128 engadira aos seus dominios Alepo, a clave do poder en Siria, disputada entre os gobernantes de Mosul e Damasco. Tanto Zengi como o rei Balduíno II volveron a súa atención sobre Damasco; Balduíno foi derrotado nas aforas da gran cidade en 1129.<ref>Tyerman 2006, pp. 185–189.</ref> Damasco, gobernada pola dinastía burida, máis tarde aliouse co rei Fulco cando Zengi asediou a cidade en 1139 e 1140;<ref>Runciman, Steven (1952). A History of the Crusades, vol. II: The Kingdom of Jerusalem and the Frankish East, 1100–1187 (repr. Folio Society, 1994 ed.). Cambridge University Press.</ref> a alianza foi negociada polo cronista Usamah ibn Munqidh.<ref>Ousâma ibn Mounkidh, un émir syrien au premier siècle des croisades, p.182 (en BnF) Dispoñible en http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k5440995n.image.r=Ous%C3%A2ma+ibn+Mounkidh.f203.langEN</ref>
A finais de 1144, Xoscelino II aliouse cos artúquidas e marchou de Edesa con case todo o seu exército para apoiar o exército artúquida contra Alepo. Zengi, xa tentando aproveitar a morte de Fulque en 1143, foi ao norte para sitiar Edesa, que caeu no seu poder un mes despois, o 24 de decembro de 1144. Manasés de Hierges, Filipe de Milly e outros foron enviados de Xerusalén para axudaren, mais chegaron moi tarde. Xoscelino II continuou a gobernar os restos do condado desde Turbessel, mais os musulmáns devagar conquistaron ou venderon aos bizantinos o resto do territorio. Zengi foi enxalzado por todo o Islam como "defensor da fe" e como al-Malik al-Mansur, "o rei vitorioso". Non procurou atacar o territorio restante de Edesa nin o Principado de Antioquía, como se temía, pois certos acontecementos en Mosul o obrigaron a tornar a casa, e unha vez máis volveu a súa atención para Damasco. Porén, foi asasinado por un escravo en 1146 e sucedeuno en [[Alepo]] o seu fillo Nur ad-Din.<ref>Runciman, Steven (1952). A History of the Crusades, vol. II: The Kingdom of Jerusalem and the Frankish East, 1100–1187 (repr. Folio Society, 1994 ed.). Cambridge University Press.</ref>
===''Quantum praedecessores''===
[[File:167-Blessed Eugene III.jpg|thumb|Papa Uxío III]]
A noticia da caída de Edesa foi traída a Europa primeiro por peregrinos a principios de 1145, e despois por embaixadas de Antioquía, Xerusalén e Armenia. O bispo Hugo de Xabala informou da noticia ao papa Uxío III, que o 1 de decembro dese ano emitiu a [[bula]] ''Quantum praedecessores'', na que pedía unha segunda cruzada.<ref>Tyerman 2006, pp. 273–275.</ref> Hugo tamén contou ao papa dun rei cristián oriental quen, esperábase, traería alivio para os estados cruzados. Esta é a primeira mención documentada sobre o [[Preste Xoán]].<ref>Runciman 1952, p. 247.</ref> Uxío non controlaba Roma, así é que vivía en [[Viterbo]],<ref>Tyerman 2006, p. 289.</ref> porén, se pretendeu que a Segunda Cruzada fose máis organizada e controlada por un poder central que a primeira: os exércitos serían comandados polos reis máis fortes de Europa e planificaríase unha ruta de antemán<ref>Tyerman 2006, p. 298.</ref>.