Jean-Baptiste Dubos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
 
== Traxectoria ==
Estudou [[teoloxía]], recibindo o título de [[diácono]] en [[1724]]. Ocupou diversos cargos diplomáticos en [[Hamburgo]], [[Londres]], [[A Haia]], [[Bruxelas]] e [[Neuchâtel, Suíza|Neuchâtel]], participando en [[1710]] nas negociacións do [[tratado de Utrecht]]. Realizou diversas investigacións no terreo da [[Historia]], sobre todo da [[Idade Media]], sendo membro desde [[1720]] da [[Académie Française]].
 
Autor dun importante tratado sobre [[estética]], ''Reflexións críticas sobre a poesía e a pintura'' (''Réflexions critiques sur a poésie et a peinture'', [[1719]]), onde abre o camiño cara á relatividade do gusto, razoando que a estética non vén dada pola razón, senón polos sentimentos. A arte conmove, chega ao espírito dunha forma máis directa e inmediata que o coñecemento racional. Fai unha [[Democracia|democratización]] do gusto, opóndose á regulamentación académica. Dubos introduciu a figura do "xenio" como atributo dado pola natureza, que está máis aló das regras.