Jedi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 16:
A vida dun Jedi era de sacrificio. Todos aqueles seres que se vía que tiñan aptitudes na Forza, dentro da Galaxia, eran seleccionados antes do seu primeiro ano de vida. Estes eran levados a [[Coruscant]], no [[Templo Jedi]]. Todos os Jedi teñen que seguir o [[Código Jedi]]. Un punto básico, por exemplo, que este establece é a prohibición das posesións materiais.
 
A arma máis tradicional e preferida pola que se coñecía aos Jedi, era a [[espada de luz]] ou [[sabre láser]], unha arma mortal fabricada por eles mesmos con certos cristais; a cor da luz láser de dita arma dependía dos cristais que se utilizasen na súa fabricación: xeralmente azuis ou verdes (os vermellos pertencen ás espadas dos Sith ou os Jedi escuros). Curiosamente, a do [[Mace Windu|Mestre Windu]] era dunha única cor violeta.
 
Tamén había, aínda que en menor medida, espadas laranxas, rosas ou amarelas (esta última cor foi usada, por exemplo, por [[Plo Koon]]). Con todo, na batalla de Genosis, pódese ver unha vermella en mans dun Jedi.