Yoda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 31:
Loitou en [[Geonosis]], precisamente foi quen salvou á [[Orde Jedi]] ao entrar en combate co exército de clons, e estivo a piques de evitar as Guerras Clon ao baterse en duelo co [[Conde Dooku]], quen logo de derrotar facilmente ao Cabaleiro Jedi Obi-Wan Kenobi e o seu padawan [[Anakin Skywalker]], non o tivo nada fácil fronte a Yoda e fuxiu levando consigo os planos da futura [[Estrela da Morte]].
 
Tempo despois foi asignado coma protector do planeta [[Kashyyyk]], onde tivo que repeler ás forzas dos [[Confederación de Sistemas Independentes|separatistas]]. Durante o masacre dos Jedi pola [[Orde 66]] (executada por [[Palpatine|Darth Sidious]], Yoda e Obi-Wan Kenobi, dous dos poucos membros do [[Consello Jedi]] que sobreviven, van na busca dos dous principais Sith: o recénrecentemente nomeado Emperador [[Palpatine]] (Darth Sidious) e o seu novo aprendiz e antigo padawan de Obi-Wan, [[Darth Vader]]. Yoda enfrontaríase a Sidious nun electrizante combate, con todo non lograría derrotalo. Desmoralizado e sabedor do inmenso poder tanto de Darth Sidious como do seu novo aprendiz, o Lord Sith Darth Vader, o Mestre Yoda exiliouse no planeta [[Dagobah]], coa axuda do senador [[Bail Organa]], non sen antes reunirse por derradeira vez con [[Obi-Wan]], e confirmarlle o último descubrimento Jedi, un coñecemento que tiña que ver co xa defunto [[Qui-Gon Jinn]], e que permitía fusionarse coa Forza e regresar logo de morto. Yoda, [[Bail Organa]] e [[Obi-Wan]] ven morrer a [[Padmé Amidala]] e agochan do Emperador Palpatine aos fillos de [[Anakin Skywalker]], coñecedores que por eles corría a Forza con case a mesma intensidade que no pai.
 
Obi-Wan convértese entón no ''aprendiz'' de Qui-Gon, e reinventan a disciplina Jedi, adecúana a tempos actuais, sen ostracismos e conservadorismos nos que os Jedi caeran: tal é así que non forzan o adestramento Jedi de Luke Skywalker nin o de [[Leia Organa]] (apelido tomado polo seu pai adoptivo), senón que deixan que a Forza lles revele o seu destino.