Edvard Munch: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
''[[O berro]]'' (1893; orixinalmente titulado ''Desesperación''), é a súa obra máis coñecida e considerada coma unha icona da angustia existencial. Como en moitas das súas obras realizou numerosas versións. Foi roubada do museo Munch en Oslo, Noruega o [[22 de agosto]] de [[2004]] e recuperada o [[30 de agosto]] do [[2006]] con danos menores reparables.
 
O pintor dicía de si mesmo que, do mesmo modo que [[Leonardo da Vinci]] estudara a anatomía humana e disecado corpos, el tentaba disecar almas. Xa que logo, os temas máis frecuentes na súa obra foron os relacionados cos sentimentos e as traxedias humanas, coma a [[soidade]] (''Melancolía''), a [[angustia]] (''[[O berro]]''), a [[morte]] (''Morte dun bohemio'') e o [[erotismo]] (''Amantes'', ''O bico''). Considéraselle o precursor do expresionismo, pola forte expresividade dos rostros e as actitudes das súas figuras, ademais do mellor pintor noruegués de todos os tempos.
 
==Traxectoria==