Diferenzas entre revisións de «Templo de Santalla de Bóveda»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-06.JPG|miniatura|250px|Pinturas da bóveda (lado norte).]]
 
O templo é de planta cadrada, duns 6x6 metros interiores, cunha [[nave (arquitectura)|nave]] central con [[bóveda (arquitectura)|bóveda]] de canón da que só se conservan os comezos, cubertos por pinturas sobre estuco. No centro posúe unha pequena piscina ou estanque, de aproximadamente 3x3 m e de escasa profundidade, con tres columnas ó seu redor .<ref>Que, como veremos, non conservan a colocación orixinal.</ref>. Na fachada ábrese un pequeno adro con dúas columnas ''in antis''. A porta presenta [[arco (arquitectura)|arco]] de ferradura, o máis antigo da arquitectura española .<ref>E mesmo de toda Europa, segundo o folleto explicativo do monumento editado pola Xunta de Galicia en 2008.</ref>.
 
Sobre esta edificación foi levantada posteriormente unha segunda planta, actualmente desaparecida salvo un resto da parede e do comezo da bóveda superior. Esta ampliación superior explica que por veces se designe como ''cripta'' o templo orixinal.
Nos [[perpiaño]]s da fachada pódense ver diversos [[Relevo (escultura)|relevos]] moi erosionados e de dubidosa interpretación. En dous represéntanse dous grupos de cinco mulleres danzantes con cadanseu arco floral entre dúas columnas; noutros dous perpiaños represéntase unha soa figura tamén cun arco floral. Outro relevo representa dúas figuras humanas tolleitas, unha das pernas e outra dos brazos. Outro, un animal que algúns identifican cun león. Finalmente, noutro hai unha ave -que algúns interpretan como unha avestruz- sobre unha pértega.
 
Estes relevos (concretamente o das figuras humanas lisiadas) pretenden xustifica-la teoría de que a orixe do templo foi un santuario para a curación dos enfermos. Do mesmo xeito, as aves representadas nas pinturas murais quérense relacionar cun posible uso do templo como oráculo .<ref>Mesmo existe a teoría de que o espazo comprendido entre o muro perimetral e as paredes propias do templo estaba ocupado con caixas nas que se mantiñan estas aves vivas, de modo que o seu canto resoase no interior da nave, teoría que hoxe se cualifica de "''extremo erro''" por canto se trata dunha cámara illante da humidade do terreo.</ref>.
 
<Gallery>
Hoxe consérvanse tres destas [[Columna (arquitectura)|columna]]s, de [[mármore]] e moi erosionadas, cuxa colocación actual non corresponde, probablemente, coa orixinal. De feito, as fotografías que se mencionaron antes, feitas durante os primeiros traballos de desentullo, mostran dúas destas columnas nos niveis máis altos da acumulación de material de recheo.
 
A '''terceira fase''' consistiría na construción da segunda planta, tamén con bóveda de canón e feita de ladrillo .<ref>Ladrillos romanos reutilizados.</ref>. Probablemente, esta segunda planta abríase ó exterior polo lado oeste -situado ó nivel do terreo- e descoñécese se comunicaba coa nave inferior ou non.
 
Á '''cuarta fase''' corresponden diversas reformas menores, como a apertura dunha porta no fondo do templo e unhas escaleiras para acceder á planta superior ,<ref>Nesta escaleira foi onde apareceu unha estela funeraria romana reutilizada para facer un dos chanzos.</ref>, e a construción dunha bóveda de medio punto para cubri-lo adro frontal.
 
Finalmente, nunha '''quinta fase''' inclúense tódalas reformas contemporáneas, realizadas desde [[1929]], tralo redescubrimento do templo. Entre estas últimas reformas podemos destaca-la construción nos anos setenta dun muro perimetral, por Antonio González Trigo, para illa-lo templo das filtracións procedentes do terreo circundante, obra que incluía un sistema de canalizacións da auga para drena-la piscina, na crenza de que a humidade procedente desas augas de filtración era a responsable da perda das pinturas.
2.518

edicións