Templo de Santalla de Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Coordenadas|42|58|49|N|7|41|9|W|display=title}}
 
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-02.JPG|miniatura|250px|Fachada.]]
 
O '''templo romano de Santalla de Bóveda''' é un santuario tardorromano datado entre os [[século II|séculos II]] e [[século IV|IV]], situado na parroquia de [[Santalla de Bóveda de Mera, Lugo|Santalla de Bóveda de Mera]], concello de [[Lugo]], a uns 14 quilómetros da capital. Está semisoterrado a carón da actual igrexa de Santalla. Foi descuberto en [[1926]] e os arqueólogos non souberon dar ata agora unha explicación segura da súa orixe e finalidade.
Liña 10:
 
==Descubrimento e restauración==
[[Ficheiro:Templo romano de Santalla de Bóveda.jpg|miniatura|250px|Interior do templo.]]
 
Non existen datos do monumento ata primeiros do [[século XX]], cando o párroco do lugar, José María Penado, descubriu a súa existencia. En [[1926]], a noticia chegou á Comisión de Monumentos Histórico-Artísticos de Lugo, quen encargou a Luis López-Martí a escavación e recuperación dos restos.
Liña 21:
 
==Estrutura==
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-19.JPG|miniatura|250px|Vista do interior do templo.]]
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-06.JPG|miniatura|250px|Pinturas da bóveda (lado norte).]]
 
O templo é de planta cadrada, duns 6x6 metros interiores, cunha [[nave (arquitectura)|nave]] central con [[bóveda (arquitectura)|bóveda]] de canón da que só se conservan os comezos, cubertos por pinturas sobre estuco. No centro posúe unha pequena piscina ou estanque, de aproximadamente 3x3 m e de escasa profundidade, con tres columnas ó seu redor <ref>Que, como veremos, non conservan a colocación orixinal.</ref>. Na fachada ábrese un pequeno adro con dúas columnas ''in antis''. A porta presenta [[arco (arquitectura)|arco]] de ferradura, o máis antigo da arquitectura española <ref>E mesmo de toda Europa, segundo o folleto explicativo do monumento editado pola Xunta de Galicia en 2008.</ref>.
Liña 47:
Nas obras de restauración levadas a cabo a finais dos anos oitenta realizouse unha lectura estratigráfica de alzados que permitiu establecer cinco fases construtivas, nun estudo aínda sen rematar.
 
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-04.JPG|miniatura|250px|Placa superior do templo (no primeiro plano da fotografía) e os restos que se conservan da bóveda superior (á esquerda).]]
 
Na '''primeira fase''', o templo estaría formado por unha soa planta, cun [[adro]] porticado, unha aula e a ábsida. As paredes eran de [[cachotería]] irregular e a bóveda de canón feita en ladrillo, que é a que se conserva hoxe. No centro da aula estaría a piscina, que orixinalmente era maior cá actual, alimentada por canalizacións soterradas que permitían manter un nivel de auga constante.
Liña 62:
 
==Hipóteses de uso==
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-22.JPG|miniatura|250px|Relevo na fachada.]]
 
Desde as primeiras escavacións houbo diferentes teorías sobre a orixe e funcionalidade do templo. Estas teorías baseábanse sobre os diferentes elementos que se ían atopando, por veces cronoloxicamente discrepantes, e ningunha delas ten, polo de agora, o acordo dos arqueólogos e historiadores. Para os distintos autores foi templo pagán destinado ós deuses [[Mitra (mitoloxía)|Mitra]] ou [[Cibeles]], templo romano, tumba de [[Prisciliano]], santuario para a curación de tolleitos e enfermos, ou mesmo templo visigodo. Outro posible uso pode se-lo funerario, que se deduce do achado dunha estela funeraria reutilizada como chanzo da escaleira que accedía desde a planta superior. Posiblemente, a realidade reúna varios destes usos ó longo dos séculos ata o seu abandono definitivo que explica a perda da súa memoria.