Natureza morta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 33:
Moitos artistas italianos destacados noutros xéneros, tamén produciron algúns cadros representando naturezas mortas. En particular, [[Caravaggio]] ([[1573]]-[[1610]]) foi un dos primeiros artistas que representou naturezas mortas con conciencia de obra pictórica. Aplicou a súa influente forma de naturalismo ao bodegón. O seu ''[[Cesto con froitas]]'' (h. 1595-1600) é un dos primeiros exemplos de bodegón puro, presentado con precisión e localizado á altura do ollo.<ref>Ebert-Schifferer, p. 82</ref> Malia non posuír unha aberta simboloxía, esta pintura era propiedade do cardeal Borromeo e puido ser apreciada tanto por razóns estéticas como relixiosas. [[Jan Bruegel]] pintou o seu ''Gran buqué milanés'' (1606) tamén para o cardeal, sinalando que a pintura era «fatta tutti do natturel»' (feita enteira do natural) e aumentou o prezo polo esforzo extra.<ref>Ebert-Schifferer, p. 84</ref> Eran uns bodegóns máis na colección do cardeal, xunto coa súa ampla colección de curiosidades. Entre outros bodegóns italianos, ''A cociñeira'', de [[Bernardo Strozzi]], é unha «escena de cociña» ao xeito holandés, que é por unha banda un detallado [[retrato pictórico|retrato]] dunha cociñeira, e por outro, a representación das aves de caza que está preparando.<ref>Stefano Zuffi, Ed., ''Baroque Painting'', Barron´s Educational Series, Hauppauge, Nova York, 1999, p. 96, ISBN 0-7641-5214-9</ref> Nun xeito semellante, un dos escasos bodegóns de [[Rembrandt]], ''Rapariga con pavos reais mortos'' combina de igual xeito un simpático retrato feminino con imaxes de aves de caza.<ref>Zuffi, p. 175</ref>
[[Ficheiro:Willem Claesz. Heda 002.jpg|miniatura|200px|[[Willem Claesz. Heda]]: ''Sobremesa'', 1637.]]
Este xénero foi moi cultivado na [[pintura]] [[Países Baixos|holandesa]] do [[século XVII]], como pode verse, por exemplo, na ''[[Natureza morta (Heda, París)|Natureza morta]]'' de [[Willem Claeszoon Heda]] ([[1637]]). O bodegón independizouse no novo clima artístico dos Países Baixos, co nome de ''stilleven'' («natureza tranquila»), mentres que nas [[linguas romances]], e en [[Lingua rusa|ruso]], prefírense términos relacionados coa «natureza morta». Mentres os artistas atopaban oportunidade limitada para producir a iconografía relixiosa que durante moito tempo fora a súa principal industria, xa que as imaxes de temas relixiosos estaban prohibidas na [[Igrexa Reformada Holandesa|igrexa protestante reformada holandesa]], a tradición setentrional continua de realismo detallado e símbolos ocultos atraían ás crecentes clases medias holandesas, quen estaban substituíndo á igrexa e o estado como os principais mecenas da arte nos Paises[[Países Baixos]].
 
Un subxénero, dentro das naturezas mortas, é a ''natureza morta floral'', que representa flores, no que foi moi experto o pintor [[España|español]] do [[Barroco]], [[Juan de Arellano]]. Produciuse en Holanda unha obsesión pola horticultura, particularmente o [[tulipán]]. Considerar as flores, a un tempo, como obxecto estético e símbolo relixioso, levou ao xurdimento dun grande mercado para este tipo de natureza.<ref>Paul Taylor, ''Dutch Flower Painting 1600-1720'', Yale University Press, New Haven, 1995, p. 77, ISBN 0-300-05390-8</ref> A natureza, como a maior parte das obras de arte holandesas, vendíase xeralmente en mercados abertos ou por marchantes, ou polos artistas nos seus obradoiros, e raramente eran encargos; Polo tanto, os artistas normalmente elixían o tema e a disposición.<ref>Taylor, p. 129</ref> Tan popular era este tipo de pintura de natureza, que gran parte da técnica da pintura de flores holandesa foi codificada no tratado de 1740 ''Groot Schilderboeck'' por Gerard de Lairesse, que daba amplos consellos sobre a cor, arranxo, pinceladas, preparación dos exemplares, harmonía, composición, perspectiva etc.<ref>Taylor, p. 197</ref>
Liña 65:
Con todo, non foi ata o declive final da xerarquía académica en Europa e o auxe dos pintores [[impresionismo|impresionistas]] e [[Postimpresionismo|postimpresionistas]], que a técnica e harmonía da cor triunfaron sobre o tema, e o bodegón de novo era practicado con avidez polos artistas. Nos seus primeiros bodegóns, [[Claude Monet]] amosa a influencia de Fantin-Latour, pero é un dos primeiros que rompeu coa tradición do fondo escuro, que [[Pierre-Auguste Renoir]] tamén descarta no seu ''Bodegón con ramo e abanico'' (1871), co seu brillante fondo laranxa. Co bodegón impresionista, o contido alegórico e mitolóxico está completamente ausente, o mesmo que a pincelada meticulosamente detallada. Os impresionistas, en lugar diso, centráronse na experimentación en toques de pincel, valores tonais e aplicación da cor. Os impresionistas e postimpresionistas inspiráronse nos esquemas de cor da natureza pero a reinterpretaron coas súas propias harmonías de cor, que ás veces resultaban antinaturais. Como afirmou Gauguin, «As cores teñen os seus propios significados».<ref>Ebert-Schifferer, p. 318</ref> Tamén se intentan variacións na perspectiva, como usar ángulos altos, como pode verse en ''Froita mostrada nun percheiro'' por [[Gustave Caillebotte]], «unha pintura da que se burlaron na época como unha mostra de froita nunha vista de paxaro».<ref>Ebert-Schifferer, p. 310</ref>
 
As pinturas de ''XirasoisXirasoles'' de [[Vincent van Gogh]] son algunhas das naturezas mortas do [[século XIX]] máis coñecidas. Van Gogh empregou principalmente tons de amarelo e unha representación bastante chá para facer unha memorable contribución á historia do bodegón. O seu ''Bodegón con táboa de debuxo'' (1889) é un autorretrato en forma de bodegón, con van Gogh representando moitos obxectos da súa vida persoal, incluíndo a súa pipa, comida sinxela (cebolas), un libro edificante e unha carta do seu irmán, sen a súa propia imaxe presente. Tamén pintou a súa propia versión dunha ''vanitas'': ''Bodegón con Biblia aberta, candea e libro'' (1885).
 
=== Séculos XX e XXI ===
[[Ficheiro:Paul Gauguin 123.jpg|200px|miniatura|Paul Gauguin: ''Bodegón con xirasoisxirasoles'' (1901).]]
As primeiras catro décadas do [[século XX]] formaron un periodoperíodo excepcional de fermento e revolución artísticos. Os movementos de vangardia axiña evolucionaron, superpoñéndose na súa marcha cara á abstracción total, o non figurativo. O bodegón, así como outras artes de representación, continuaron evolucionando e axustándose ata mediados de século cando a abstracción total, exemplificada pola pintura de goteo de [[Jackson Pollock]] eliminaron todo elemento recoñecible.
 
O século comezou con varias tendencias dominando a arte. En 1901, [[Paul Gauguin]] pintou ''Bodegón con xirasoisxirasoles'', a súa homenaxe ao seu amigo van Gogh que morrera once anos antes. O grupo coñecido como os [[Nabis]], incluíndo [[Pierre Bonnard]] e [[Édouard Vuillard]], asumiron as teorías harmónicas de Gauguin e engadiron elementos inspirados polos gravados xaponeses aos seus bodegóns. O artista francés [[Odilon Redon]] tamén pintou destacados bodegóns durante este periodoperíodo, especialmente flores.<ref>Ebert-Schifferer, p. 321</ref>
 
[[Henri Matisse]] reduciu a representación de obxectos de bodegón a pouco máis que perfís chans e marcados enchidos de cores rechamantes. Tamén simplificou a perspectiva e introduciu fondos multicolores.<ref>Ebert-Schifferer, pp. 323-4</ref> Nalgúns dos seus bodegóns, como ''Bodegón con berenxenas'', a súa mesa de obxectos está case perdida entre as outras pautas de cores enchendo o resto da habitación.<ref>Stefano Zuffi, Ed., ''Modern Painting'', Barron´s Educational Series, Hauppauge, New York, 1998, p. 273, ISBN 0-7641-5119-3</ref> Outros exponentes do [[fauvismo]], como [[Maurice de Vlaminck]] e [[André Derain]], máis tarde exploraron a cor pura e a abstracción nas súas naturezas.