Natureza morta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 29:
=== Século XVII ===
[[Ficheiro:Abraham Hendriksz. van Beyeren - Banket stilleven.jpg|miniatura|esquerda|[[Abraham van Beyeren]]: ''Bodegón de banquete'' (1667).]]
Malia gañares popularidade, as naturezas mortas italianas permaneceron históricamentehistoricamente menos respectadas cá pintura de «gran estilo» de temas históricos, relixiosos e míticos. Destacados académicos de comezos dos [[1600|anos 1600]], como [[Andrea Sacchi]], sentía que a [[escena de xénero]] e o bodegón non portaban a ''gravitas'' que fai que a pintura sexa considerada grande. Doutra banda, exitosos artistas de bodegón italianos atoparon amplo mecenazgo no seu tempo.<ref>''A natura morta in Italia'' ed. por Francesco Porzio e dir. por Federico Zeri; Review author: John T. Spike. The Burlington Magazine (1991) Vol. 133 (1055) p. 124-125.</ref> Máis aínda, as pintoras, sendo poucas, normalmente elixían ou víanse constreñidas a pintar temas como o bodegón, como ocorría, por exemplo con [[Giovanna Garzoni]], [[Laura Bernasconi]] e [[Fede Galizia]].
 
Moitos artistas italianos destacados noutros xéneros, tamén produciron algúns cadros representando naturezas mortas. En particular, [[Caravaggio]] ([[1573]]-[[1610]]) foi un dos primeiros artistas que representou naturezas mortas con conciencia de obra pictórica. Aplicou a súa influente forma de naturalismo ao bodegón. O seu ''[[Cesto con froitas]]'' (h. 1595-1600) é un dos primeiros exemplos de bodegón puro, presentado con precisión e localizado á altura do ollo.<ref>Ebert-Schifferer, p. 82</ref> Malia non posuír unha aberta simboloxía, esta pintura era propiedade do cardeal Borromeo e puido ser apreciada tanto por razóns estéticas como relixiosas. [[Jan Bruegel]] pintou o seu ''Gran buqué milanés'' (1606) tamén para o cardeal, sinalando que a pintura era «fatta tutti do natturel»' (feita enteira do natural) e aumentou o prezo polo esforzo extra.<ref>Ebert-Schifferer, p. 84</ref> Eran uns bodegóns máis na colección do cardeal, xunto coa súa ampla colección de curiosidades. Entre outros bodegóns italianos, ''A cociñeira'', de [[Bernardo Strozzi]], é unha «escena de cociña» ao xeito holandés, que é por unha banda un detallado [[retrato pictórico|retrato]] dunha cociñeira, e por outro, a representación das aves de caza que está preparando.<ref>Stefano Zuffi, Ed., ''Baroque Painting'', Barron´s Educational Series, Hauppauge, Nova York, 1999, p. 96, ISBN 0-7641-5214-9</ref> Nun xeito semellante, un dos escasos bodegóns de [[Rembrandt]], ''Rapariga con pavos reais mortos'' combina de igual xeito un simpático retrato feminino con imaxes de aves de caza.<ref>Zuffi, p. 175</ref>
[[Ficheiro:Willem Claesz. Heda 002.jpg|miniatura|200px|[[Willem Claesz. Heda]]: ''Sobremesa'', 1637.]]
Este xénero foi moi cultivado na [[pintura]] [[Países Baixos|holandesa]] do [[século XVII]], como pode verse, por exemplo, na ''[[Natureza morta (Heda, París)|Natureza morta]]'' de [[Willem Claeszoon Heda]] ([[1637]]). O bodegón independizouse no novo clima artístico dos Países Baixos, co nome de ''stilleven'' («natureza tranquila»), mentres que nas [[linguas romances]], e en [[Lingua rusa|ruso]], prefírense términos relacionados coa «natureza morta». Mentres os artistas atopaban oportunidade limitada para producir a iconografía relixiosa que durante moito tempo fora a súa principal industria, xa que as imaxes de temas relixiosos estaban prohibidas na [[Igrexa Reformada Holandesa|igrexa protestante reformada holandesa]], a tradición setentrional continua de realismo detallado e símbolos ocultos atraían ás crecentes clases medias holandesas, quen estaban reemprazandosubstituíndo á igrexa e o estado como os principais mecenas da arte nos Paises Baixos.
 
Un subxénero, dentro das naturezas mortas, é a ''natureza morta floral'', que representa flores, no que foi moi experto o pintor [[España|español]] do [[Barroco]], [[Juan de Arellano]]. Produciuse en Holanda unha obsesión pola horticultura, particularmente o [[tulipán]]. Considerar as flores, a un tempo, como obxecto estético e símbolo relixioso, levou ao xurdimento dun grande mercado para este tipo de natureza.<ref>Paul Taylor, ''Dutch Flower Painting 1600-1720'', Yale University Press, New Haven, 1995, p. 77, ISBN 0-300-05390-8</ref> A natureza, como a maior parte das obras de arte holandesas, vendíase xeralmente en mercados abertos ou por marchantes, ou polos artistas nos seus obradoiros, e raramente eran encargos; Polo tanto, os artistas normalmente elixían o tema e a disposición.<ref>Taylor, p. 129</ref> Tan popular era este tipo de pintura de natureza, que gran parte da técnica da pintura de flores holandesa foi codificada no tratado de 1740 ''Groot Schilderboeck'' por Gerard de Lairesse, que daba amplos consellos sobre a cor, arranxo, pinceladas, preparación dos exemplares, harmonía, composición, perspectiva etc.<ref>Taylor, p. 197</ref>
Liña 45:
Especialmente popular neste período foi a pintura de «vaidade» ou ''[[vanitas]]'', nas que suntuosos arranxos de froita e flores, libros, estatuíñas, xerras, moedas, xoias, pinturas, instrumentos musicais e científicos, insignias militares, cristal e prata finos, estaban acompañados por lembranzas simbólicas da fugacidade da vida. Adicionalmente, unha caveira, un [[reloxo de area]] ou de peto, unha vea consumíndose ou un libro coas páxinas voltas, servirían coma unha mensaxe moralizante do efémero dos praceres dos sentidos. A miúdo varias das froitas e flores amósanse comezando a podrecerse para insistir na mesma consideración.
 
Outro tipo de natureza, coñecida como «pinturas de almorzo», representan tanto unha presentación literal das delicadezas que as clases superiores gozaban como un recordatorio relixioso para evitar a lambonería.<ref>Ebert-Schifferer, p. 90</ref> Noutra innovación holandesa, ao redor de [[1650]] [[Samuel van Hoogstraten]] pintou un dos primeiros cadros con estanteríasandeis, bodegóns tipo [[Trompe-l'œil]] que representa a obxectos atados, pendurados, cravados ou pegados doutro xeito a unha táboa, un tipo de bodegón moi popular nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] no [[século XIX]].<ref>Ebert-Schifferer, p. 164</ref> Outra variedade de Trompe-l'œil representaba obxectos vencellados a unha profesión dada, como na pintura de [[Cornelis Norbertus Gysbrechts]] ''Caballete de pintor con peza de froita'', que amosa todas as ferramentas do oficio do pintor.<ref>Ebert-Schifferer, p. 170</ref> Tamén popular na primeira metade do [[século XVII]] foi a pintura dun amplo surtido de especímenes en forma alegórica, como os «cinco sentidos», os «catro continentes» ou as «catro estacións», amoando unha deusa ou figura alegórica rodeada polos correspondentes obxectos naturais ou realizados polo home.<ref>Ebert-Schifferer, pp. 180-181</ref> A popularidade das ''vanitas'' e estoutras formas de natureza morta, axiña espalláronse dende Holanda a [[Flandres]], [[Alemaña]], [[España]]<ref>Véxase [[Juan van der Hamen]].</ref> e [[Francia]].
[[Ficheiro:Flegel - Schrankbild.jpg|[[Georg Flegel]]: Estantería''Andel''.|miniatura]]
O bodegón alemán seguiu de preto os modelos holandeses. O pintor alemán [[Georg Flegel]] foi un pioneiro no bodegón puro sen figuras e creou a novidade compositiva de pendurar ou colocar os obxectos detallados en gabinetes, armarios e mostrar caixas, e producir puntos de vista múltiples simultáneamente.<ref>Zuffi, p. 260</ref> En [[España]], as naturezas mortas eran austeros. Diferían do modelo holandés, que a miúdo contiña ricos banquetes rodeados por obxectos luxosos e ornamentados de vidro ou tea. A caza nas pinturas españolas é a miúdo simples animais mortos agardando a que os despelexen. As froitas e hortalizas a míudo atópanse crúas. Os fondos son sombríos ou simples bloques xeométricos de madeira, creando a miúdo un aire surrealista. Ata cando tanto os bodegóns holandeses como os españois a miúdo tiveron un propósito moral implícito, a austeridade, que algúns atopan próxima á desolación da meseta española, parece rexeitar os praceres sensuais, a plenitude e o luxo dos bodegóns holandeses.<ref>Ebert-Schifferer, p. 71</ref> Nas católicas Italia e España, a pura pintura de ''vanitas'' era escasa, e había aínda menos especialistas en naturezas mortas. Na Europa meridional hai máis emprego para o suave naturalismo de Caravaggio e menos énfase non hiperrealismo en comparación cos estilos do norte de Europa.<ref>Ebert-Schifferer, p. 173</ref> En Francia, os pintores de bodegóns víronse influídos tanto pola escola setentrional como pola meridional, tomando emprestado da pintura de vanitas dos Países Baixos e dos arreglos libres de España.<ref>Ebert-Schifferer, p. 229</ref>
 
Liña 53:
No [[século XVIII]], as connotacións relixiosas e alegóricas da natureza morta abandonáronse e as pinturas de mesa de cociña evolucionaron ata ser calculadas representacións de variada cor e forma, amosando comidas cotiás. A aristocracia francesa contratou a artistas para executar pinturas de pródigos e extravagantes bodegóns que loaban as súas mesas, tamén sen a mensaxe moralista da ''vanitas'' das súas predecesores holandeses. O amor [[rococó]] polo artificio levou a un auxe na apreciación francesa polo Trompe-l'œil, (en [[lingua francesa|francés]] «enganar ao ollo». As naturezas mortas de [[Jean Siméon Chardin|Chardin]] empregan unha variedade de técnicas desde o realismo ao estilo holandés a harmonías máis suaves.<ref>Zuffi, p. 288, 298</ref>
 
Nos Estados Unidos, na época revolucionaria, os artistas estadounidenses formados no estranxeiro aplicaron estilos europeos ao retrato e os bodegóns estadounidenses. [[Charles Willson Peale]] fundou unha familia de prominentes pintores estadounidenses e como un gran líder dentro da comunidade artística do seu país, tamén fundou unha sociedade para a formación de artistas así como un famoso museo de curiosidades naturais. O seu fillo [[Raphaelle Peale]] foi un dun grupo de artistas de bodegón estadounidenses antigos, que tamén incluíu a [[John F. Francis]], [[Charles Bird King]] e John Johnston.<ref>Ebert-Schifferer, p. 260</ref> Na segunda metade do [[século XIX]], [[Martin Johnson Heade]] introduciu a versión estadounidense da pintura de biotopo ou hábitat, que colocaba flores e paxaros nunha contorna de exteriores simulado.<ref>Ebert-Schifferer, p. 267</ref> Os Trompe-l'œil estadounidenses tamén floreceron durante este período, creados por [[John Haberlle]], [[William Michael Harnett]] e [[John Frederick Peto]]. Peto especializouse nunha pintura nostálxica de estanteríasandeis mentres que Harnett logrou o maior nivel de hiperrealismo nas súas celebracións pictóricas da vida estadounidense a través de obxectos cotiáns.<ref>Ebert-Schifferer, p. 272</ref>
 
=== Século XIX ===