Templo Votivo do Mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
[[Ficheiro:Templo Palacios 6.jpg|miniatura|200px|Fachada e torre.]]
== Estilo ==
O edificio de granito, tivo como inspiración o [[Arco visigótico de Panxón|arco visigodo]] do [[século VII]] próximo ao templo. A [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]], malia a súa orixe, ten tinguiduras [[Arquitectura neogótica|góticas]], influencia [[Arquitectura mozárabe|musulmá]] e toques [[Modernismo|modernistas]], pero sempre tentando plasma-la [[arte galega]], e coa fin de brindar esta obra a tódalas xentes do mar. Feita en parte con materiais reciclados, posúe [[contraforte]]s, arcos superpostos que tamizan a luz e crean perspectivas, celosías de formigón. A cúpula central de ladrillo, nervada, seguindo o modelo de [[Mosteiro de Santa María da Armenteira|Armenteira]] e todo iso fundido coa época do arquitecto, cromatismo nos mosaicos e noutros elementos metálicos.
 
Reflíctese a tradición da cantaría galega irmandada coa paisaxe e a historia de Galicia: o [[Megalitismo en Galicia|megalítico]], a [[Cultura castrexa|época castrexa]], o prerrománico e [[románico]], os [[mosteiro]]s [[Orde mendicante|mendicantes]], os [[pazo]]s barrocos. A torre semella un [[faro]], ou torre defensiva que no seu remate proxecta a rosa dos ventos cos catro anxos custodios.<ref>[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=4590 Turgalicia]</ref>