Mensaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m código (información)
Liña 2:
Unha '''mensaxe''', no senso máis xeral, é o obxecto da [[Telecomunicacións|comunicación]], a secuencia que prové [[información]], e que pode referirse tamén a esa información en si e ao seu formato.
 
Máis precisamente, na [[Teoría da Comunicación]], unha mensaxe é unha información conformada por unha secuencia de [[sinal|sinais]] que corresponden a regras de combinación precisas, que é enviada por un [[emisor]] a un (ou varios) [[receptor]]es, por medio dunha [[canle (comunicación)|canle]] que serve de soporte físico á transmisión. A forma de transmisión varía conforme a natureza do sistema de comunicación e o [[código (información)|código]] usado: [[Onda sonora|ondas sonoras]], luces, movemento, impulsos mecánicos ou eléctromagnéticos etc.
 
Dependendo do contexto, o termo ''mensaxe'' pódese ver aplicado tanto ao contido transmitido como á forma no que se transmite. Na [[Teoría da Comunicación]], o [[significado]] da mensaxe non se considera pertinente, xa que o que se transmite é unha [[forma]] e non un [[Significado|sentido]]. Esa substancia da mensaxe chámase [[información]].
 
== DiferenciaDiferenza entre código e mensaxe, e entre lingua e fala ==
Do xa dito dedúcese que a lingua constitúe un [[código (información)|código]] e que cada unha das expresións que os seus falantes formulan con ese código é unha mensaxe. Un código é un conxunto de símbolos ou signos con regras para a súa correcta utilización. A Mensaxe é o resultado de cada acto realizado polos usuarios dunha lingua empregando o código da mesma.
 
Moi semellante á distinción entre código e mensaxe, se ben máis empregada polos lingüistas, é a oposición entre [[lingua]] e [[fala]]: A lingua é o sistema, o código; a fala, a actualización da lingua en emisións concretas.