Megadeth: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m | xp = heavy
m formato
Liña 16:
'''Megadeth''' é unha banda norteamericana de [[heavy metal]] liderada polo seu guitarrista e fundador [[Dave Mustaine]]. Os seus traballos conseguiron entrar varias veces no top 10 do ''[[Billboard]]'', vendendo un total de 20 millóns de copias na súa historia. Xurdida no [[1983]] trala expulsión de Mustaine de [[Metallica]] debido ao seu mal comportamento e á súa adicción ás drogas, a banda publicou doce discos de estudio, tres EP e dous álbums en vivo.
 
== Traxectoria ==
A formación da banda cambiou moito dende os primeiros días, a causa, en boa medida, á drogadicción de Mustaine. Despois de recuperar a sobriedade ingresando nunha clínica de desintoxicación e atopar unha alineación duradeira, Megadeth publicou varios álbums que acadaron o disco de ouro ou platino, entre os que destacan ''[[Countdown to Extinction]]'' e ''[[Rust in Peace]]''. Porén, Megadeth disolveuse no [[2002]] a causa dunha lesión nerviosa de Mustaine no seu brazo esquerdo, aínda que tras un intenso proceso de rehabilitación, o guitarrista reformou o grupo no [[2004]].