Charlie Parker: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 26:
Con 15 anos xa era un músico profesional, bastante malo polo que din os que o coñeceron de novo, até que se foi de xira coa [[orquestra]] de [[George Lee]] e se encerrou a estudar, para volver sendo xa un dos grandes do seu tempo.
En [[1938]] emigra a Nova York temporalmente e volve a [[Kansas City]] para ingresar na banda de [[Jay McShann]] na que seguirá até [[1942]]. É durante esta estancia que grava os seus primeiros temas e comeza a ter o seu estilo característico. Durante unha xira, para en Nova York e xa nunca volverá a Kansas. Participa activamente na creación do [[bebop]] nas [[jam session]]s do Minton's e comeza a súa asociación creativa con [[Dizzy Gillespie]]. O seu estilo era incomprendido polo público e rexeitado pola crítica, pero o jazz é unha música de músicos e todos os intérpretes xoves (sobre todo de saxofón) estaban fascinados por Parker e cando comezaron a aparecer os seus discos estudábanos de tal forma que nuns anos o son de Charlie Parker conquistou o mundo do jazz. Por causa da folga de gravacións convocada polo sindicato de músicos non foi até 1945 que o novo estilo se viu rexistrado, nunha sesión mítica celebrada o 26 de Novembronovembro en Nova York para a [[Savoy]] e onde se gravou o primeiro himno do novo estilo: [[Now's the Time]]. DaíDe aí até 1947 foi unha sucesión de temas revolucionarios que hoxe son clásicos:
Donna Lee, Ko-ko, Yardbird Suite, Ornithology, Cool Blues.