Augas residuais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 1:
[[Ficheiro:2012-05-28 Fotoflug Cuxhaven Wilhelmshaven DSCF9867 (crop).jpg|miniatura|Planta de tratamento de augas en [[Cuxhaven]], Alemaña]]
As '''augas residuais''' son calquera tipo de [[auga]] cuxa calidade se viu afectada negativamente por influencia antropoxénica. As augas residuais inclúenInclúen as augas usadas domésticas e urbanas, e os residuos líquidos industriais ou mineiros eliminados, ouasí como as augas que se mesturaron coas anteriores (augas pluviais ou naturais). As chamadas [[augas negras]] son as augas residuais que están contaminadas con [[feces]] ou [[urina]].

A [[Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura|FAO]] define augas residuais como:
{{Cita|Auga que non ten valor inmediato para a fin para a que se utilizou nin para o propósito para a que se produciu debido á súa calidade, cantidade ou o momento en que se dispón dela. Porén, as augas residuais dun usuario poden servir para a subministración doutro usuario noutro lugar. As augas de refrixeración non se consideran augas residuais.|FAO<ref>[http://www.fao.org/nr/water/aquastat/data/glossary/search.html Glosario]</ref>}}
 
As augas residuais urbanas son xeralmente conducidas por sistemas de sumidoiros e tratadas nunha [[Estación depuradora de augas residuais|planta de tratamento de augas]] para a súa depuración antes do seu vertido, aínda que non sempre é así en todos os países. As augas residuais xeradas en áreas ou vivendas sen acceso a un sistema de sumidoiros centralizado trátanse no mesmo lugar xeralmente en [[fosa séptica|fosas sépticas]], e máis raramente en [[campos de drenaxe séptica]], e ás veces con [[biofiltro]]s.
 
== Orixe ==
As augas residuais poden ter as seguintes procedencias (enteentre paréntese os principais contaminantes que levan e outras indicacións):
* Orixe humana ([[feces]] humanas, [[urina]] e outros [[fluídos corporais]], papeis de váter ou toalliñas; tamén se denominan ''[[augas negras]]'' e proceden xeralmente dos cuartos de baño).
* Filtracións e descargas de [[fosa séptica|fosas sépticas]].
* Auga de limpeza (lavado persoal, de roupa, chans, pratos etc.; tamén chamadas ''[[augas grises]]'' ou xabonosas).
* Auga da [[chuvia]] caída en tellados, patios, rúas etc. (xeralmente está limpa, pero pode ter trazas de [[aceite]]s, [[gasolina]]s, metais, gomas e outros contaminantes debido á súa circulación pola superficie das rúas; xeralmente mestúrase nos sumidoiros co resto das augas residuais, polo que pode contribuír grandemente ao volume das augas residuais).
* [[Augas subterráneas]], mariñas ou fluviais que se infiltraron e mesturaron coas augas residuais (con sales e bacterias da súa microbiota).
* Líquidos fabricados que foron utilizados nas casas (aceite de cociñar, bebidas, [[pesticida]]s, [[lubricante]]s, [[pintura]]s, líquidos de produtos de limpeza como [[lixivia]]s e outros, etc.) ou vertidos ilegais de pesticidas, aceites usados etc.
* Drenaxes procedentes de [[autoestrada]]s e estradas (aceites, gasolinas, residuos de goma, sales e axentes contra o xeo).
* Residuos industriais
* Drenaxes das instalacións industriais (limos, areas, álcalis, aceites, residuos químicos).
** Augas industriais de arrefriamento contaminadas (levan [[biocida]]s, limos, lodos, augas quentes).
** Augas usadas en procesos industriais.
** Residuos orgánicos ou [[biodegradable]]s, como os de [[matadoiro]]s e fábricas lácteas, de conservas da pesca etc.
** Residuos orgánicos difíciles de tratar ou non biodegradables, como os [[fármaco|farmacéuticos]] ou de fábricas de [[pesticida]]s.
** Residuos con [[pH]]s extremos (de fabricación de [[ácido]]s/[[álcali]]s, [[galvanización]] de metais);
** [[Tóxico]]s (da galvanización, produción de [[cianuro]], fabricación de [[pesticida]]s etc.).
** Residuos sólidos e [[emulsión]]s (de fábricas de [[papel]], de alimentos, fabricación de aceites lubricantes e hidráulicos etc.);
** Drenaxes [[Agricultura|agrícolas]], directas e difusas.
** Augas de [[fractura hidráulica]] (''fracking'') e augas producidas procedentes da extracción de petróleo e gas natural.
 
Liña 30 ⟶ 33:
* [[Patóxeno]]s como bacterias, [[virus]], [[protozoo]]s e vermes [[parasito]]s.
* [[Bacteria]]s non patóxenas.
* Partículas orgánicas como [[feces]], [[pelo]]s, [[alimento]]s, [[vómito]]s, fibras de papel, restos vexetais, [[humus]] etc.
* Materia orgánica soluble como [[urea]], azucres, [[proteína]]s solubles, [[fármaco]]s etc.
* Partículas inorgánicas como [[area]], gravas, partículas metálicas, [[cerámica]] etc.
* Materias inorgánicas solubles como [[amoníaco]], sal das estradas, [[cianuro]], [[sulfuro de hidróxeno]], [[tiocianato]]s, [[tiosulfato]]s etc.;
* Seres vivos (á parte de bacterias) como [[protozoo]]s, [[insecto]]s, [[artrópodo]]s, pequenos [[peixe]]s etc.
Liña 38 ⟶ 41:
* [[Gases]] como o [[sulfuro de hidróxeno]], [[dióxido de carbono]], [[metano]] etc.
* [[Emulsión]]s de [[pintura]]s, [[adhesivo]]s, colorantes do [[cabelo]], aceites etc.
* [[Toxina]]s como [[pesticida]]s, [[veleno]]s, [[herbicida]]s etc.
* Produtos farmacéuticos e hormonas.
 
Liña 53 ⟶ 56:
:'''NO<sub>2</sub><sup>-</sup> + ½ O<sub>2</sub> → NO<sub>3</sub><sup>-</sup>'''
 
Como en todas as augas naturais hai bacterias e nutrientes, case calquera composto introducido nesas augas iniciará reaccións bioquímicas como as mencionadas antes. Esas reaccións bioquímicas xeran o que se chama [[demanda biolóxica de oxíxeno]] (DBO, en inglés BOD), que se mide nos laboratorios. Eses compostos tamén poden ser degradados utilizando fortes [[axente oxidante|axentes oxidantes]] e esas reaccións crean a chamada [[demanda química de oxíxeno]] (DQO, en inglés COD), que se mide nos laboratorios. Tanto a DBO coma a DQO son probas adecuadas para medir a diminución relativa de oxíxeno creada por un contaminante das augas, e son amplamente usadas para determinar os efectos da polución. A DBO mide a demanda de oxíxeno orixinada polos contaminantes [[biodegradación|biodegradables]], mentres que a DQO mide a demanda de oxíxeno dos contaminantes oxidables en xeral.
 
A chamada DBO de 5 días (DBO<sub>5</sub>) mide a cantidade de oxixeno consumida por oxidación bioquímica de contaminantes nun período de 5 días. A cantidade total de oxíxeno consumido cando se deixa que a reacción bioquímica se complete ata o final denomínase DBO final (''ultimate BOD''). Como esta medida completa leva moito tempo, adóptase universalmente a DBO de 5 días para medir os efectos da contaminación.