Diferenzas entre revisións de «Frauta»

corrixo *fluctúa
(corrixo *fluctúa)
A produción dos sons, na frauta, como en calquera instrumento de vento cun tubo resoador, vén determinada polas chamadas ''[[principio de Bernoulli|leis de Bernouilli]]'' segundo as cales a frecuencia (e, polo tanto, a [[altura (música)|altura]]) do son producido é inversamente proporcional á lonxitude do tubo que vibra, e directamente proporcional á velocidade que ten o fluído (o ar neste caso) que hai dentro do tubo. Doutra banda, os tubos abertos poden producir o ton fundamental e todos os seus harmónicos, mentres que os cercados só producen o fundamental e os harmónicos impares. Finalmente dous tubos da mesma lonxitude, nos cales o ar vibra coa mesma velocidade, pero de forma que un sexa aberto e o outro cercado, o son fundamental que produce o tubo pechado ten unha frecuencia que é a metade que o outro, é dicir, que soa unha [[oitava]] inferior. Finalmente, cabe engadir que os tubos que teñen un diámetro especialmente pequeno en relación á súa lonxitude facilitan moito a produción de harmónicos (e resulta difícil producir o son fundamental). De acordo con isto, a produción dos sons de diferentes alturas nunha frauta pódese facer de xeitos moi diversos:
 
* Modificando a presión da columna de ar que se fai incidir sobre o bisel: a unha presión maior corresponde un son algo máis agudo, de forma que a variación continua de presión pode producir un son que fluctúaflutúa na súa [[altura (música)|altura]], producindo un tipo de [[glissando]] de ámbito máis ben reducido. Esta variación tamén se pode facer de xeito descontinuo, para obter sons separados e articulados de altura diferente.
 
* Modificando a presión da columna de aire pero nunha magnitude máis grande que no caso anterior: o aumento da presión e, polo tanto, da velocidade do aire dentro do tubo sonoro forza a variar o modo de vibración desta, de forma que deixa de soar a nota que soaba ata entón e pasa a soar un [[harmónico]] superior.
54.976

edicións