Ortografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito marcador de ortografía, creo que xa está ben
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 20:
Cando se comezou a escribir o galego, na Gallaecia só había tradición da escrita en latín, polo que foi a súa ortografía a que se empregou para escribilo, pero había algúns sons no galego que non tiñan representación no latín polo que unha serie de variantes apareceron para representar estes sons:
 
* '''m''' '''n''' ou '''~''' para representar a nasalidade: ''bom'', ''bon'' ou ''''.
* '''ll, li, ly, lh''' para o fonema palatal lateral ʎ: ''fillo'', ''filio'', ''filho'' entre outras moitas.
* '''nn, ni, ny, nh, ñ''' para o fonema palatal nasal ɲ: ''lenna'', ''lenha'', ''leña'', ''legna''...
Estes usos non impedían que noutros casos se usase algún destes signos para outro son, principalmente por criterios etimolóxicos, así no mesmo texto podíase escribir ''allo'' e ''cavallo'' (cabalo). Pero o galego non chegou á [[Idade Moderna]] como lingua escrita, período no que outras linguas do contorno comezaron a adoptar unhas determinadas normas ortográficas. Cando se comezou a escribir galego de novo durante o [[Rexurdimento]] volveron as vacilacións, mais esta vez non respecto ao latín senón á ortografía española da época: así houbo un forte debate sobre a representación do fonema palatal ʃ existindo unha liña etimoloxista (baixo, igreja, gente, geologia) e outra foneticista, que se impuxo por practicidade, diferencialismo do español e fundamentalmente porque non se sabía ben cal era a forma correcta de moitas palabras.
 
Liña 30:
A [[lingua portuguesa#A reforma ortográfica de 1990 e o Segundo Protocolo Modificativo de 2004|ortografía actual do portugués]] é, tamén, bastante máis fonética ca etimolóxica. Porén, antes da [[Reforma ortográfica da lingua portuguesa de 1911|reforma ortográfica de 1911]] en [[Portugal]], a escrita oficialmente usada era marcadamente etimolóxica. Escrébese, por exemplo, ''pharmacia'', ''lyrio'', ''orthographia'', ''phleugma'', ''diccionario'', ''caravella'', ''estylo'' e ''prompto'' en vez dos actuais ''farmácia'', ''lírio'', ''ortografia'', ''fleuma'', ''dicionário'', ''caravela'', ''estilo'' e ''pronto''. A ortografía tradicional etimolóxica perdurou no [[Brasil]] até a década de 1930.
 
Un exemplo típico de ortografía etimolóxica é a escrita do [[lingua inglesa|inglés]]. En inglés un grupo de letras (por exemplo: ''ough'') pode ter máis de catro sons diferentes, dependendo da palabra onde estea inserido. É tamén a etimoloxía que rexe a escrita da grandegran maioría das palabras no [[lingua francesa|francés]], onde un mesmo son pode ter até nove formas de escrita diferentes, caso das palabras homófonas ''au'', ''aux'', ''haut'', ''hauts'', ''os'', ''aulx'', ''oh'', ''eau'', ''eaux''.
 
== Notas ==