Tim Burton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 75:
Burton nunca negou a influencia da [[ciencia ficción]] nas súas cintas, sobre todo a que proviña do cine ''[[camp]]'', películas de baixo presuposto dos anos 50: cintas de monstros, vampiros e outras atrocidades que se volveron de culto cos anos.
 
A súa seguinte película, ''[[Ed Wood (película)|Ed Wood]]'' (1994), foi de moita menor escala, retratando a vida de [[Ed Wood|Edward D. Wood Jr.]], un director coñecido como "o peor director da historia". Protagonizada por [[Johnny Depp]], a película é unha homenaxe ó director de películas de horror e ciencia ficción de baixo presuposto que Burton vía de neno, e manexa ó seu cómico protagonista e ó seu grupo de personaxes estranosestraños con sorprendente amabilidade e sensibilidade. As películas de Wood eran acartonadas, con malas actuacións e torpes personaxes que chocaban contra os decorados tirándoos. A súa temática era a ciencia ficción, o terror e o [[travestismo]], pero el consideraba que era un director equiparable a [[Orson Welles]]. Esta é en si a esencia do filme de Burton. A incapacidade de Ed Wood para realizar os seus desexos de ser un gran director de cine. Foi filmada en branco e negro, cun elenco envidiable, que inclúe a actores como [[Martin Landau]], [[Bill Murray]], [[Jeffrey Jones]] ou [[Lisa Marie]]. Esta cinta é considerada por moitos como do mellor que fixo o cineasta, cun toque [[kitsch]], rendindo homenaxe de paso, ó actor húngaro [[Béla Lugosi]], que fixera o primeiro ''[[Drácula]]'' (1931) e que nos seus últimos anos actuou en varias películas de Wood.
 
Debido ós encontros creativos durante a realización de ''The Nightmare Before Christmas'', [[Danny Elfman]] non quixo musicalizar ''Ed Wood'', e a tarefa recaeu en [[Howard Shore]]. Aínda que foi un fracaso comercial ó estrenarseestrearse, ''Ed Wood'' foi ben recibida polos críticos, gañou unha sólida base de fanáticos, e reviviu o interese nas películas de Ed Wood.
 
=== [[Mars Attacks!]] ===
Inmerso na iconografía [[kitsch]] dos anos 50, o seguinte proxecto de Burton foi ''[[Mars Attacks!]]'' (1996), para o que se reuniu con Elfman. Baseada nunha serie de cartas de ciencia ficción, a cinta era un híbrido das películas fantásticas dos anos 50 e as de desastre total dos 70 (intelixentes cacofonías de sátira e desastre idiota). Por coincidencia resultou ser unha parodia non intencionada do éxito de taquilla ''[[Independence Day]]'', filmada ó mesmo tempo e estreada cinco meses antes. Aínda que a película contaba cun amplo elenco de estrelas, incluíndo a [[Jack Nicholson]], [[Pierce Brosnan]], [[Michael J. Fox]], [[Sarah Jessica Parker]], [[Natalie Portman]], [[Jack Black]], [[Danny DeVito]], [[Tom Jones (cantante)|Tom Jones]], [[Glenn Close]] ou [[Christina Applegate]] entre outros, foi despreciadadesprezada polos críticos e case ignorada pola audiencia norteamericana. Porén, a recreación dunha mala película dos 50 foi recibida con éxito no estranxeiro, e logrou facerse cunha base de fanáticos mercede á emmisión por televisión e o DVD.
 
=== The Melancholy Death of Oyster Boy & Other Stories ===
Liña 86:
 
=== [[Sleepy Hollow]] ===
''Sleepy Hollow'' foi estrenadaestreada en 1999. Resultou un regreso ó Burton orixinal, cun escenario moi natural, sets únicos e outra excelente actuación de [[Johnny Depp]] como [[Ichabod Crane]], agora un detective cun interese na ciencia forense en lugar dun mestre de escola na historia orixinal de [[Washington Irving]]. Burton rendeulle homenaxe á compañía inglesa [[Hammer Film Productions]], pois era un entusiasta fanático das súas antigas películas de terror.
 
Un grupo de regulares de Burton apareceu como personaxes secundarios ([[Michael Gough]], [[Ian McDiarmid]], [[Jeffrey Jones]] e [[Christopher Walken]], entre outros) e [[Christina Ricci]] foi elixida para o papel de Katrina Van Tassel. Ben recibida pola crítica, con mención especial á musicalización gótica de Elfman e cunha fotografía impecable obra de [[Emmanuel Lubezki]], gañou un [[Oscar]] por Mellor Dirección de Arte, así como dous BAFTAs por Mellor Deseño de Vestiario e Mellor Deseño de Produción. Un éxito na taquilla, ''Sleepy Hollow'' foi un punto de inflexión para Burton. Acompañado dun cambio na súa vida persoal (separouse de Lisa Marie), Burton cambiou radicalmente de estilo no seu seguinte proxecto, deixando os bosques encantados e coloridos estraños para dirixir ''[[Planet of the Apes (2001)|Planet of the Apes]]'' que, como Burton ten comentado, non era un "remake" do film orixinal.
 
=== [[Planet of the Apes (filme de 2001)|Planet of the Apes]] ===
''Planet of the Apes'' (2001) foi un éxito comercial, recaudando 68 millóns de dólares na fin de semana de estrenoestrea. A principal crítica foi o aire comercial co que se dotou a varios aspectos da cinta, fuxindo do ton escuro, cerebral e nihilista da versión de 1968. A película foi unha significativa separación do estilo usual de Burton, e houbo moitos debates sobre se en realidade era un film de Burton ou era un simple encargo de dirección. Houbo noticias sobre varios choques entre Burton e o estudio durante a rodaxe, chegando ó extremo de que un día Tim deixou o set e parou a filmación. Tamén houbo rumores sobre cambios de último minuto na película. Malia o éxito comercial, e que o final suxería claramente a posibilidade dunha secuela, non parece haber intencións por parte do estudio nin de Burton de continuar a saga.
 
=== [[Big Fish]] ===
Liña 105:
O 13 de xuño de 2006 anunciou que posporía o seu traballo en ''[[Believe It or Not]]'' para concentrarse na [[Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street|adaptación]] do musical de [[Stephen Sondheim]], ''[[Sweeney Todd (musical)]]'', se ben o 19 de xuño de 2007 Burton anunciou que deixaba o proxecto.
 
O 5 de febreiro de 2007, Burton empezou a produción principal de ''Sweeney Todd'', a partir dun guión de [[John Logan]]. A película é protagonizada por Johnny Depp como Sweeney Todd, o barbeiro asasino. [[Helena Bonham Carter]] fai o papel da Sra. Lovett, [[Alan Rickman]] do Xuíz Turpin, [[Sacha Baron Cohen]] como Adolfo Pirelli, e [[Timothy Spall]] no papel de Beatle Bamford. A produción, de Dreamworks e Warner Bros., estrenaraseestrearase en Decembrodecembro de 2007.
 
Nunha entrevista en febreiro de 2006 desacreditou os rumores sobre as posibilidades de facer ''Beetlejuice 2'', ''Edward Scissorhands 2'', e ''The Nightmare Before Christmas 2''. Porén, na mesma entrevista expresou interese en facer unha película sobre Edgar Allan Poe. Finalmente esa película animada será dirixida por [[Michael Sporn]], e sairá no 2008 co título de ''Poe''.
Liña 111:
[[Alice in Her Wonderland (película de Tim Burton|Alice in Her Wonderland]] é outro plan para Burton cara o 2009. Sería outra película en stop-motion, animada cadro por cadro.
 
== Vida personalpersoal ==
En 1989 Burton casou coa artista alemá [[Lena Gieseke]], divorciándose pouco despois da filmación de ''[[Batman Returns]]''. Burton foi parella de [[Lisa Marie]] entre 1992 e 2001. Actualmente, sae desde 2001 con [[Helena Bonham Carter]], coa que ten un fillo, Billy-Ray Burton, nado en octubre del 2003, sendo o seu padriño Johnny Depp. Bonham Carter apareceu en tódalas películas de Burton desde o 2001. Decíase que a parella vivía en Londres en casas separadas, conectadas por un túnel. Pero ó ser Boham Carter preguntada sobre o tema en ''Friday Night with Jonathan Ross'', revelou que viven en dúas casas conectadas por un corredor, e que durmen en habitacións diferentes porque Burton ronca.