JSON: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''JSON''', acrónimo de ''JavaScript Object Notation'', é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de [[JavaScript]] que non require o uso de [[XML]].
 
A simplicidade de JSON deu lugar á xeralizaciónxeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en [[AJAX]]. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento <code>[[eval]]()</code>, o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera [[navegador web]].
 
Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de <code>eval()</code> e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos. Por esa razón, JSON emprégase habitualmente en contornas onde o tamaño do fluxo de datos entre cliente e servidor é de vital importancia (de aquí o seu uso por Yahoo, Google etc, que atenden a millóns de usuarios) cando a fonte de datos é explicitamente de fiar e onde non é importante o non dispor de procesamento XSLT para manipular os datos no cliente.