Laozi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
→‎Obra: texto traducido desde a wiki .es:Lao-Tse#Obra
Liña 27:
 
A lenda conta que el naceu coa aparencia dun vello, por isto recebiu este nome. Considerase que isto pode ser unha metáfora sobre a antigüidade do taoísmo, anterior á redacción do Tao Te King. Lao Tsé, segundo a tradición [[China|chinesa]], naceu por volta de [[-600]], na moderna [[provincia]] de [[Hunan]], e traballou moitos anos como bibliotecario real. Despois de [[Confucio]], ninguén exerceu tan grande influencia no pensamento e na [[historia]] da [[China]] como Lao-Tsé, tradicionalmente considerado fundador do movemento filosófico designado por [[taoísmo]]. O seu contacto cos libros e a súa sabedoría persoal inducírono a crear unha [[doutrina]] de carácter [[panteísta]] segundo a cal o [[Tao]], ou camiño, é o principio material e espiritual, creador e ordenador do mundo. No terreo práctico preconizou a vida contemplativa e a supresión de calquera desexo.
== Obra ==
{{Artigo principal|Tao Te Ching}}
 
A súa famosa obra, o [[Tao Te Ching]], tivo unha enorme influencia na China. É un tratado místico que cobre moitas áreas da filosofía, desde a espiritualidade individual ata as técnicas de bo goberno.
 
Lao zi enfatiza o ''[[tao]]'' (tamén coñecido como ''dao'', traducido usualmente como ?o camiño?), e expande o seu significado para abarcar a orde innombrable, inmanente, do universo. Destaca o concepto de ''wei-wu-wei'' ('acción a través da inacción'), que non significa permanecer inmóbil sen facer nada, senón evitar as intencións explícitas e a vontade que obstaculiza a fluidez armónica da natureza. Os fins poden alcanzarse respectando as formas en que as cousas naturalmente crecen e decrecen; así, as accións realizadas de acordo co tao son máis fáciles e máis produtivas que aquelas que pretenden contrariarlo. Laozi cría que a violencia debe ser evitada e que a vitoria militar é unha ocasión de duelo debido á necesidade de usar a forza contra outros seres viventes. Sostiña tamén que o exceso de leis e regras fan máis difícil o manexo da sociedade, xa que oprimen as liberdades dos pobos.
 
Como moitos outros pensadores chineses antigos, as súas explicacións usan con frecuencia [[paradoxo]]s, [[analoxía]]s, apropiación de citas antigas, repetición, simetría, [[rima]] e [[ritmo]]. Os escritos que se lle atribúen son poéticos, densos e frecuentemente crípticos, e serven como punto de inicio para a meditación sobre o Cosmos ou sobre un mesmo. Moitas das teorías estéticas da arte chinesa baséanse nas súas ideas e nas do seu máis famoso continuador, [[Zhuang Zi]].
 
=== Citas de Laozi ===