Filipe II de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Finanzas: arranxiño
Liña 281:
O estado das finanzas dependía totalmente da situación económica castelá. Os Países Baixos eran os principais receptores da lá castelá e, debido ao xa aberto conflito en Flandres, a ruta laneira interrompeuse, o que produciu unha recesión sa economía castelá en [[1575]]. Como consecuencia, nese mesmo año produciuse unha segunda suspensión de pagamentos ao declararse a segunda bancarrota.
 
En [[1577]] o rei chegou a un acordo cos banqueiros xenoveses para que lle seguiran adiantando diñeiro á Coroa, pero a un prezo moi alto para Castela, que agravou a súa recesión. Isto cokécese como ''El Remedio General'' de [[1577]], que consistiu nunha consolidación da débeda a longo prazo, pudendo chegar a 70 ou 80 anos. Entregáronse así xuros aos acredores como compromiso da Coroa da devolución do diñeiro cun interese do 7 %. Dito diñeiro iríase devolvendo a medida que se volvera a ter de novo liquidez, e co aval dos metais americanos. Paralelamente, entre 1576 e 1588, FelipeFilipe usou a intermediación financeira de [[Simón Ruiz Embito|Simón Ruiz]], que lle facilitaba pagamentos, cobros e préstamos a través de letras de cambio.
 
Anteriormente a Filipe II xa existían diversos impostos: a [[alcabala]], imposto de aduanas; a [[cruzada (imposto)|cruzada]] imposto eclesiástico; o [[subsidio (imposto)|subsidio]], imposto sobre rendas e terras; e as ''tercias reales'', impostos a ordes militares. Filipe II ademais de subir estes impostos durante o seu reinado, implantou outros, entre eles o [[excusado (imposto)|excusado]], en [[1567]], imposto sobre parroquias. Da Igrexa, Filipe II conseguiu recadar até o 20 % da riqueza da Coroa, o que motivou a crítica dalgúns eclesiásticos.