Filipe II de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 332:
A baixa nobreza concentrouse en [[Bruxelas]], o [[5 de abril]] de [[1566]], diante do palacio da Gobernadora, e alí foron desprezados, sendo cualificados como ''mendigos'', adxectivo que asumirían os nobres nas súas reivindicacións, vestíndose como tales. Os membros do compromiso de [[Breda]] mandaron a Madrid a [[Floris de Montmorency]], [[Barón de Montigny]], e despois ao [[Marqués de Berghes]], que xa non volverían a Flandres.
 
Despois de aumentar a tensión e os conflitos en [[Antuerpen]], a Gobernadora pediu a Guillerme de Orange que puxera orde, aceptando este de mala gana, pero pacificando a cidade. Pero o [[Príncipe de Orange]], o [[Conde de Egmont]] e o [[Conde de Horn]] volveron a pedir a [[MargaritaMargarida de Parma]] máis liberdade. Ela fíxollo saber ao seu irmán, pero Filipe II non cambiaba de opinión, e avisaba das súas intencións ao papa:
{{cita|''[...] podedes asegurar a Súa Santidade que, antes de sufrir a menor cousa en prexuízo da relixión ou do servizo de Deus, perdería todos os meus Estados e cen vidas que tuvira, pois non penso, nin quero, ser señor de herexes [...]''}}
Antes de que chegaran estas noticias, o [[14 de agosto]] un grupo de incontrolados calvinistas asaltou a principal igrexa de Saint-Omer. Seguiulle unha rebelión xeralizada en Yprès, Courtrai, Valenciennes, [[Tournai]] e Antuerpen.
 
Filipe II recibiu a Montigny e prometeulle convocar o Consello de Estado. O [[29 de outubro]] de [[1566]], o rei convocou aos conselleiros máis achegados: Éboli, Alba, Feria, o Cardeal Espinosa, Xoán Manrique e o conde de Chinchón, xunto cos Secretarios de Estado Antonio Pérez e Gabriel Zayas. O acordo foi proceder de maneira urxente e, pese ás diferenzas na forma, o monarca optou pola forza. Así acordou mandar ao terceiro Duque de Alba a sufocar as rebelións. Este feito propiciou un enfrentamentoenfrontamento entre o príncipe Carlos ([[príncipe de Asturias]]) e o [[duque de Alba]], xa que o herdeiro víase desprazado dos seus asuntos.
 
O [[28 de agosto]] o duque de Alba chega a Bruxelas. Á fronte do exército efectuou rapidamente unha durísima represión, axustizando aos nobres rebeldes, o que provocou a dimisión de MargaritaMargarida de Parma como Gobernadora dos Países Baixos, dimisión aceptada inmediatamente polo seu irmán o rei. Ademais, o [[9 de setembro]], Egmont e Horn foron prendidos, e degolados o [[5 de xuño]] de [[1568]].
 
Filipe II buscou solucións cos nomeamentos de [[Luís de Requesens]], [[Xoán de Austria]] (falecido en 1578) e Alexandre Farnesio, que conseguiu o sometemento das provincias católicas do sur na [[Unión de Arras]]. Ante isto, os protestantes formaron a [[Unión de Utrecht]].