Filipe II de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 318:
Estratéxico, pois a mediados do [[século XVI]] Antuerpen era o porto máis importante da Europa do norte, que servía como base de operacións á Armada española, e un centro onde se comerciaba con bens de toda Europa e se vendía a lá castelá (principal produto de exportación de Castela na éopoca). Lá, de ovella meiriña, procesada nos Países Baixos e que, vendida a prezos razoábeis, chegaría manufacturada a España, co correspondente valor engadido, pero menor que se fora manufacturada na península, xa que alí a man de obra era máis barata.
 
[[Ficheiro:Puente Farnesio Amberes.jpg|miniatura|300px|Esquema da ponte de Alexandre Farnesio, sobre o Escalda. Construído durante o asedio de Antuerpen en 1585, que mantivo en vilo a toda Europa á espera do vencedor, representou un desbaldimento de medios e un grande inxenioenxeño por ambas as partes durante os trece meses necesarios para forzar a rendición da que probabelmente era a cidade máis rica e máis populosa de Europa, e cuxa toma representaba a determinación da coroa española de recuperar os territorios perdidos e o mantemento da Igrexa católica. Despois desta capitulación, rendéronse consecutivamente outras importantes prazas en mans das [[República dos Sete Países Baixos Unidos|Provincias Unidas]].]]
 
E unha debilidade, pois para os Países Baixos non só supuxo un cambio de soberano, senón tamén un cambio de "dono"; pasaron de formar parte dun Imperio pouco consolidado ( Sacro Imperio) a formar parte do reino máis poderoso da época. A diferenza de Castela, Aragón e Nápoles, os Países Baixos non eran parte da herdanza dos [[Reis Católicos]], e vían a España como un país estranxiero.