Abrir o menú principal

Cambios

m
A primeira Gobernadora foi, desde [[1559]], [[Margarita de Parma]], irmá de Filipe II. Tivo que enfrontarse aos nobres rebeldes, que pedían unha maior autonomía, e aos [[protestante]]s, que exixían o respecto á súa relixión, dando así lugar ao inicio da [[Guerra dos Oitenta Anos]]. Filipe II quería aplicar os acordos tridentinos, como exixira a [[Catalina de Médici]] en Francia contra a nobreza hugonote francesa.
 
Ao coñecerse nos Países Baixos a decisión de aplicar os acordos tridentinos, as mesmas autoridades civís mostráronse reaciasremisas a aplicar as penas ditadas polos inquisidores e, froito dun gran malestar, comenzou un ambiente de revolución.
 
A baixa nobreza concentrouse en [[Bruxelas]], o [[5 de abril]] de [[1566]], diante do palacio da Gobernadora, e alí foron desprezados, sendo cualificados como ''mendigos'', adxectivo que asumirían os nobres nas súas reivindicacións, vestíndose como tales. Os membros do compromiso de [[Breda]] mandaron a Madrid a [[Floris de Montmorency]], [[Barón de Montigny]], e despois ao [[Marqués de Berghes]], que xa non volverían a Flandres.
 
Despois de aumentar a tensión e os conflitos en [[Antuerpen]], a Gobernadora pediu a [[Guillerme de Orange]] que puxera orde, aceptando este de mala gana, pero pacificando a cidade. Pero o [[Príncipe de Orange]], o [[Conde de Egmont]] e o [[Conde de Horn]] volveron a pedir a [[Margarita de Parma]] máis liberdade. Ela fíxollo saber ao seu irmán, pero Filipe II non cambiaba de opinión, e avisaba das súas intencións ao papa:
{{cita|''[...] podedes asegurar a Súa Santidade que, antes de sufrir a menor cousa en prexuízo da relixión ou do servizo de Deus, perdería todos os meus Estados e cen vidas que tuvira, pois non penso, nin quero, ser señor de herexes [...]''}}
Antes de que chegaran estas noticias, o [[14 de agosto]] un grupo de incontrolados calvinistas asaltou a principal igrexa de Saint-Omer. Seguiulle unha rebelión xeralizada en Yprès, Courtrai, Valenciennes, [[Tournai]] e Antuerpen.
99.668

edicións