Filipe II de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 181:
Cando o poder real conseguiu vencer aos sublevados, decidiuse dispersar a máis de 80.000 mouriscos procedentes do reino de Granada por varios puntos da [[península Ibérica]], para evitar que a súa concentración provocara novas rebelións. Pola gravidade e a intensidade dos seus combates tamén se a coñece como a Guerra das Alpujarras.
 
Cando Pedro de Deza emitirá o edicto proclamando a pragmática o primeiro de xaneiro de [[1567]] e comenzara a facelo cumprir, os mouriscos dispuxéronse a negociar a través de [[Jorge de Baeza]] e [[Francisco Núñez Muley]], os seus representantes, que defenderon que as tradicións perseguidas polo edicto non eran incompatíbeis coa doutrina [[cristianismo|cristiá]] e que o comercio, principal actividade económica da poboación mourisca despois da agricultura, podía verse afectado, coa conseguinte diminución dos ingresos reais. EstésEstes argumentos, que funcionaran en negociacións similares en tempos de [[Carlos I de España|Carlos I]], non o fixeron nesta ocasión.
 
Despois de un ano de infrutuosas negociacións, a poboación mourisca granadina decidiu levantarse en armas en [[1568]]. Non recibiron moito apoio na capital, pero a rebelión estendeuse rapidamente pola [[Alpujarra]]. Á cabeza do levantamento mourisco púxose Fernando de Córdoba y Válor, que foi proclamado rei cerca de [[Narila]], e que se facía chamar en árabe [[Abén Humeya]] (ou Abén [[Omeya]]), por declararse descendente da dinastía do [[Califato de Córdoba]]. [[Farax Aben Farax]], un dos seus seguidores, foi nomeado alguacil maior do rei. En [[1569]] Abén Humeya foi asasinado, ocupando seu posto como rei o seu primo [[Abén Aboo]]. A rebelión foi apoiada militar e economicamente desde [[Alxeria]], co obxectivo de debilitar a Filipe II, pasando dos 4.000 insurxentes en 1569 aos 25.000 en 1570, incluíndo [[bérber]]es e [[Turquía|turcos]].