Idade Contemporánea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*fiadora mecánica: fiadeira mecánica.
Lameiro (conversa | contribucións)
gueto
Liña 101:
Outras predicións, as de [[Thomas Malthus]] ''[[An Essay on the Principle of Population]]'', 1798 (Ensaio sobre o principio da poboación {{gl}}), advertían de forma pesimista da imposibilidade de manter o inusitado crecemento de poboación que estaba experimentando Inglaterra, a primeira en sufrir as transformacións propias da [[transición demográfica|transición do antigo ao novo réxime demográfico]]. A medida que se industrializaban, outras nacións incorporáronse ao mesmo proceso, que implicaba a diminución da mortalidade (mitigáronse substancialmente dúas das principais causas da mortalidade catastrófica -fame e epidemias-) mentres se mantiñan altas as taxas de natalidade (nin se dispuña de [[Método anticonceptivo|métodos anticonceptivos]] eficaces, nin se xeraron as transformacións sociais que no futuro farían desexable ás familias, unha diminución do número de fillos).
 
Un dos efectos de todos estes cambios, así como unha válvula de escape da presión social, foi o incremento da [[emigración]], a chamada ''[[Transición demográfica|explosión branca]]'' (por ser a fase da [[Transición demográfica|revolución demográfica]] protagonizada por Europa e outras zonas de poboación predominantemente europea). Campesiños arruinados e obreiros sen nada que perder, víanse incentivados a abandonar Europa e tentar sorte nas [[colonias de poblamiento]] (Canadá ou Australia para os ingleses, Alxeria para os franceses) ou nas nacións independentes receptoras de inmigrantes (como Estados Unidos ou Arxentina); tamén membros das clases altas incorporábanse como elite dirixente en [[colonias de explotación]] (como a India, o sueste asiático ou o África negra). Explicitamente os defensores do [[imperialismo]] británico, como [[Cecil Rhodes]], vían na inmigración ás colonias a solución aos problemas sociais e unha forma de evitar a [[loita de clases]]. Dunha forma similar interpretárono os teóricos marxistas, como [[Lenin]] e [[John A. Hobson|Hobson]].<ref>Os seus tratados tituláronse ''[[O imperialismo, fase superior do capitalismo]]'' ([[1916]]) e ''[[Imperialismo (Hobson)|Imperialism, a study]]'' ([[1902]]), respectivamente.</ref> Unha das maiores emigracións nacionais produciuse logo da [[gran fame negra irlandesa]] de 1845-1849, que despobló a illa, tanto pola mortalidade como polo masivo transvasamento de poboación, que converteu cidades enteiras da costa este de Estados Unidos en ''ghettosguetos'' irlandeses (onde sufrían a discriminación dos dominantes ''White Anglo-Saxon Protestant'' (coñecidos polas suas siglas en inglés [[WASP]]). Outras ondas posteriores foron protagonizados por inmigrantes nórdicos, alemáns,<ref>O axente chileno [[Vicente Pérez Rosales]] instalou un importante continxente no sur de [[Chile]].</ref> italianos e de Europa Oriental (sobre todo as saídas masivas, a finais do século XIX e comezos do século XX, dos xudeus sometidos aos [[pogrom]]s).
 
==== Contexto social, político e ideolóxico ====