Diferenzas entre revisións de «Afonso III de Oviedo»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m
 
O feito de que [[León, España|León]] carecera de bispo e señores feudais —non así na veciña Astorga- ó igual que acontecera con [[Oviedo]], facía daquel antigo asentamento militar romano unha encrucillada idónea para asentar a nova corte. León, unha cidade estratexicamente útil situada na Galiza altomedieval como destacaban os propios cristiáns ''in civitate que vocitatur Legio, territorio Gallecie'' (na cidade que chaman León, territorio de Galiza) ou ''in Legione de Galletia'' (en León de Galiza) e musulmáns, convertíase a comezos do [[século X]] na nova capital dos reis.
[[Ficheiro:Afonso III Regi GallaeciarumTestamento.jpg|miniatura|Miniatura medieval do ''Libro dos Testamentos'' (Oviedo) no que se representa ao rei Afonso III coa raíña [[Ximena Garcés|Ximena]] e o bispo Gomelo II.]]
== Derrocamento e sucesión ==
Pouco antes do ano [[910]] Afonso III sufría unha nova tentativa de derrocamento, esta vez a mans do seu fillo primoxénito, [[García I de León|García]]. Casado con [[Munia]] -filla do conde castelán [[Munio Fernández]]-, García encabezou a conxura instigado polo seu sogro, quen se resistía a acatar a autoridade real en [[Castela]]. Tras un período de inestabilidade política, Afonso III deixa finalmente o poder, herdando García o reino e facendo efectiva finalmente o traslado da sede rexia desde Oviedo ata [[León, España|León]].