Célula T de memoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Retiro o parámetro non usado "author-separator="
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:lymphocyte.jpg|miniatura|dereita|Un [[linfocito]] no centro da imaxe.]]
[[Ficheiro:T cell prolif gl.jpg|miniatura|dereita|1. Despois de que unha [[célula T virxe]] (N) se encontra co [[antíxeno]] convértese en célula T activada e empeza a proliferar por [[mitose]] formando clons de células fillas.<BR>2. Algúns dos clons de células T diferéncianse en células T efectoras (E) que realizarán a función da célula (por exemplo, producen [[citocina]]s no caso das [[célula T colaboradora|células T colaboradoras]] ou unha actividade citotóxica no caso das [[célula T citotóxica|células T citotóxicas]]).<BR>3. Algunhas destas células forman células T de memoria (M) que sobreviven en estado inactivo durante un longo período de tempo ata que se encontren co mesmo antíxeno de novo e se reactiven.]]
As '''células T de memoria''' (ou con memoria) son un conxunto de [[linfocito T|linfocitos T]] que se encontraron previamente co seu [[antíxeno]] correspondente e recoñecérono; polo que tamén se lles chama ás veces células con experiencia de antíxeno. As células T de memoria que teñen "experiencia de antíxeno" porque se encontraron previamente con el en anteriores infeccións víricas ou bacterianas, ou por [[vacinación]] ou polo encontro con células cancerosas, viven longo tempo en estado inactivo, pero un segundo encontro co mesmo invasor fai que se reproduzan rapidamente e orixinen unha [[resposta inmunitaria]] (secundaria) máis rápida e forte que a que se produciu a primeira vez que se tivo contacto co invasor (resposta primaria). Este comportamento utilízase en ensaios de proliferación de linfocitos T, que poden indicar a exposición previa a antíxenos específicos.