Diferenzas entre revisións de «Manuel Murguía»

sen resumo de edición
Con 72 anos xorde en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua, idea que comunicou a outros escritores que se daban cita nunha libraría da Coruña coñecida co nome de [[A Cova Céltica]]. Tamén en Murguía xurdiu a teima de crear un dicionario da lingua galega, porque se sentía falto de vocabulario; se cadra, a inexistencia deste dicionario foi determinante para que a súa obra en galego fose tan escasa. O día [[25 de agosto]] de [[1906]] aprobouse a creación da [[Real Academia Galega]], que presidiría ata á súa morte.
[[Ficheiro:Enterro de Murguía, 1923.jpg|miniatura|300px|Enterro de Murguía.]]
Manuel Murguía finou o [[1 de febreiro]] de [[1923]], na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña, sendo soterrado no camposanto de San Amaro. A revista da [[Asociación Galega de Historiadores]] chámase ''[[Murguía. Revista Galega de Historia]]'', na súa honra.
[[Ficheiro:Portada do número 1 de La Ilustración Gallega y Asturiana.jpg|215px|miniatura|Portada do primeiro número de ''La Ilustración Gallega y Asturiana'', 1879, segunda etapa da revista, con texto de Manuel Murguía e un retrato de [[Diego Sarmiento de Acuña]].]]
 
185.025

edicións