Otón de Frisinga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 14:
Na historia da filosofía Otón de Frisinga é un dos primeiros en reintroducir a [[Aristóteles]] en Alemaña<ref>Martin Grabun, ''Die Geschichte der Scholastischen Methode'', vol. 11, Berlín, Akademie Vedag, 1957, pp. 70</ref>. Da súa obra literaria consérvanse só fragmentos. Os seus escritos filosóficos e a súa correspondencia perdeuse. Como cisterciense Otón estaba intimamente en sintonía cos ideais relixiosos e o mundo espiritual do seu tempo, como historiador, creou importantes obras historiográficas sobre os Hohenstaufen. Grazas á súa relación coa familia imperial tivo unha visión sobre a historia e a política que tiveron poucos dos seus contemporáneos. Por iso Otón é considerado un dos máis grandes historiadores da Idade Media.
A súa primeira obra, a [[Chronica sive Historia de duabus civitatibus|''Chronica sive Historia de duabus civitatibus'']], é dicir “A historia de dúas cidades” inspírase na obra [[De Civitate Dei|''De Civitate Dei'']] de [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño de Hipona]]<ref> ''Ottonis episcopi Frisigensis Chronica sive Historia de duabus civitatibus'', ed. de iZ. Hofmeister,
Hannover-Leipzig, 1912. (Na Biblioteca de Scriptores rerum Germanicarum in usum scholarum).</ref>. É unha historia do mundo en 7 libros, o oitavo libro desenvolve a visión de Otón sobre o [[Xuízo Final]]. Otón escribiu esta obra entre 1132- e 1146 e revisouna de novo en 1157. A obra foi o punto culminante da [[historiografía]] medieval: versa sobre a transformación das ideas augustinianas ou [[Platonismo|platónicas]], especialmente a teoría de dous estados. Trata como os imperios mundiais migraron, como toda a cultura, de Oriente a Occidente<ref>Otón de Frisinga, ''Chronica''... p. 8. </ref>, ata atopar no [[Imperio Romano]] a súa forma final ata o fin do mundo. É crucial que a Igrexa de Cristo conxúguese co Imperio Romano, tal como en ''Civitas Dei'', nunha perfecta harmonía entre o poder espiritual e o secular. Esta combinación, ao contrario do que acontece na ''Civitas Dei'' de Santo Agostiño, se realizarealízase na terra. A importancia da obra, polo tanto, reside na súa dimensión histórico-teolóxica, que expande significativamente a doutrina augustiniana das dúas cidades.
Arredor de 1156 Otón comezou a súa ''Gesta Friderici Imperatoris'', unha obra sobre os actos do seu sobriño o emperador Federico Barbarroxa. Baixo o reinado do emperador escribiu os dous primeiros libros: o Libro 1 trata o periodoperíodo desde Henrique IV ata Conrado III. En contraste coa persepciñonpersepción do ''Chronicon'', interprétao como un tempo de preparación para a próxima plenitude do poder imperial baixo Federico Barbarroxa.
O Libro 2 describe a historia de Barbarroxa entre 1152 e 1158. Otón utilizou como fonte moitos documentos imperiais. Só acadou a rematar os dous primeiros volumes. Aínda que antes da súa morte (1158), encomendara ao seu alumno Rahewin para completar a obra. Rahewin escribiu a terceira e cuarta parte. Outro continuador foi Otón de St. Blasien.
A Gesta está pensada desde unaunha perspectiva menos profunda no que respecta á filosofía da historia, pero recolle moitas características da historia da igrexa e de personalidades importantes, como [[Pierre Abélard|Abelardo]] e [[Arnaldo de Brescia]]. Respecto a Barbarroxa o texto non está libre de formulacións subxectivas. A visión dos StauferHohenstaufen ten un claro obxectivo que é -en termos modernos- podería ser chamado de propaganda. Otón tratou de representar a casa Hohenstaufen baixo nunha luz que a amosase como predestinada para que nela se cumprise a vontade de Deus.
==Culto a Otón==
Na [[Orde do Císter|Orde Cisterciense]] Otón foi reverenciado como un santo. Na Arquidiocese de Viena e na de [[Múnic]] e Frisinga, con permiso concedido por Roma desde 1973, celébrase a súa festividade o 7 de setembro.<ref>Erzdiözese Wien, Direktorium. Dispoñible en http://www.erzdioezese-wien.at/pages/inst/23426524.</ref>
Na catedral de Frisinga situáse unha estatua do Beato. Baixo o altar sacramental da igrexa da mosteiro cisterciense de Heiligenkreuz hai un relicario cos supostos restos de Otón.
Para a consagración do altar da catedral de San Cástulo en Moosburg, empregouse unha reliquia do beato Otón. En 1995 erixiuse nos terreos do antigo convento Morimond unaunha estela conmemorativa.<ref> Peter Pfister und Friedrich Wetter: ''Ihr Freunde Gottes allzugleich. Heilige und Selige im Erzbistum München und Freising'', Múnic 2003, pp. 122.</ref> No ponte Korbinian de Frisinga lámbrao unha estatua. A miúdo é representado en vidreiras, sobre todo como bispo escritor, é así na igrexa parroquial de Liesing na capela de Otón de Frisinga, en Gaaden.
Curiosamente o "santo" goza de maior reverencia entre os historiadores e xermanistas que no pobo católico da súa terra natal. Ten unha placa conmemorativa no Walhalla de [[Ratisbona]].