Otón de Frisinga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
engado ligazóns
Liña 1:
'''Otón de Frisinga''' ou '''Otto von Freising''', segundo o seu nome orixinal en alemán, (nado arredor de 1112, probablemente en [[Klosterneuburg]], preto de [[Viena]]; morto o 22 de setembro de 1158 no mosteiro cisterciense de [[Morimond]], Francia), foi desde 1138 bispo de [[Frisinga]] e un dos principais historiadores da [[Idade Media]].
==Vida==
Otón de Frisinga naceu arredor de 1112, foi o quinto fillo de [[Leopoldo III de Austria (Babenberg)|Leopoldo III]] (da casa de Babenberger[[Casa de Babenberg|Babenberg]]), margrave de Austria, e da filla do emperador [[Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique IV]], [[Inés de Alemaña|Inés de Waiblingen]]. Entre os seus irmáns están Leopoldo IV, duque de Baviera, Henrique II, duque de Austria e Conrado II, arcebispo de Salzburgo. O seu medio irmán era o rei [[Conrado III]]. Otón tamén era tío do emperador [[Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Federico Barbarroxa]].
Recibiu a súa primeira formación no mosteiro de Klosterneuburg, o cal fundara o seu pai en 1114. En 1126 foi nomeado preboste do mosteiro. Ese mesmo ano ou o seguinte Otón foi a estudar en Francia, principalmente en París, que se establecera como centro da entón recente escolástica (en lugar da habitual monástica). Otón pasou seis anos alí e oíu a [[Pierre Abélard|Pedro Abelardo]], [[Hugo de San Vítor]] e [[Xilberto Porretano]].
En 1132 xunto con quince compañeiros alemáns nobres uniuse á orde[[Orde dosdo cisterciensesCíster]], e entrou como novizo no convento de Morimond en Champaña.
Seis anos despois, en 1138, sendo un monxe de 26 anos de idade, foi elixido abade. Pero ao día seguinte, recibiu do rei Conrado III o nomeamento como bispo de Frisinga e a partir de entón esforzouse para renovar a vida eclesial na súa diocese e os seus mosteiros, como o de Schäftlarn (premonstratense), Schlehdorf (augustino) e Innichen. Otón liberou da opresión secular da bailía a Catedral de Frisinga e fixo que a escola da catedral acadara unha considerable importancia. Tamén fundou en Frisinga os mosteiros de Schliersee (unha colexiata) e Neustift (premonstratense). Curiosamente, ningún deles cisterciense.
Durante a época da [[Querela das Investiduras]] case necesariamente debeu entrar en conflito coa familia [[Wittelsbach]], pero debido á súa relación imperial mediou con éxito nas disputas entre os Staufer[[Hohenstaufen]], os [[Babenberg]] e os [[Güelfos]].
Otón acorreu á convocatoria de Bernardo de Claraval e foi á Segunda Cruzada, de cuxo fracaso conseguiu escapar con dificultade cun pequeno grupo de seguidores leais.
Tamén cumpriu funcións diplomáticas para Conrado III. Realizou tres viaxes a Roma. Baixo o reinado do emperador Federico Barbarroxa estivo implicado na resolución do litixio co Papapapa Adriano[[Hadrián IV, papa|Hadrián IV]].
 
En 1157 o emperador Federico Barbarroxa encomendoulle oficialmente rexistrar os seus feitos (''Gesta Friderici Imperatoris''). Otón non puido completar o seu traballo: morreu camiño do cabido xeral dos cistercienses no mosteiro de Morimond o 22 de setembro de 1158. Ata o século XVII a tumba de Otón de Frisinga alzábase por riba do chan e era claramente visible fronte ao altar maior dese mosteiro.<ref>Leopold Grill: "Ergebnis der Suche nach dem Grab Ottos von Freising", en: ''Annalen des Naturhistorischen Museums 77'' (1973), pp. 421-424.</ref>
Hoxe hai un relicario cos seus ósos baixo o altar maior da Igrexa Colexiata de Heiligenkreuz nos [[Bosques de Viena]].
==Obra==
Na historia da filosofía Otón de Frisinga é un dos primeiros en reintroducir a [[Aristóteles]] en Alemaña<ref>Martin Grabun, ''Die Geschichte der Scholastischen Methode'', vol. 11, Berlín, Akademie Vedag, 1957, pp. 70</ref>. Da súa obra literaria consérvanse só fragmentos. Os seus escritos filosóficos e a súa correspondencia perdeuse. Como cisterciense Otón estaba intimamente en sintonía cos ideais relixiosos e o mundo espiritual do seu tempo, como historiador, creou importantes obras historiográficas sobre os StauferHohenstaufen. Grazas á súa relación coa familia imperial tivo unha visión sobre a historia e a política que tiveron poucos dos seus contemporáneos. Por iso Otón é considerado un dos máis grandes historiadores da Idade Media.
A súa primeira obra, a [[Chronica sive Historia de duabus civitatibus|''Chronica sive Historia de duabus civitatibus'']], é dicir “A historia de dúas ciudades” inspírase na obra [[De Civitate Dei|''De Civitate Dei'']] de [[Agostiño de Hipona|Santo AgostinhoAgostiño de Hipona]]<ref> ''Ottonis episcopi Frisigensis Chronica sive Historia de duabus civitatibus'', ed. de iZ. Hofmeister,
Hannover-Leipzig, 1912. (Na Biblioteca de Scriptores rerum Germanicarum in usum scholarum).</ref>. É unha historia do mundo en 7 libros, o oitavo libro desenvolve a visión de Otón sobre o [[Xuízo Final]]. Otón escribiu esta obra entre 1132-1146 e revisouna de novo en 1157. A obra foi o punto culminante da historiagrafía[[historiografía]] medieval: versa sobre a transformación das ideas augustinianas ou [[Platonismo|platónicas]], especialmente a teoría de dous estados. Trata como os imperios mundiais migraron, como toda a cultura, de Oriente a Occidente<ref>Otón de Frisinga, ''Chronica''... p. 8. </ref>, ata atopar no [[Imperio Romano]] a súa forma final ata o fin do mundo. É crucial que a Igrexa de Cristo conxúguese co Imperio Romano, tal como en ''Civitas Dei'', nunha perfecta harmonía entre o poder espiritual e o secular. Esta combinación, ao contrario do que acontece na Civitas Dei de Santo Agostiño, se realiza na terra. A importancia da obra, polo tanto, reside na súa dimensión histórico-teolóxica, que expande significativamente a doutrina augustiniana das dúas cidades.
Arredor de 1156 Otón comezou a súa ''Gesta Friderici Imperatoris'', unha obra sobre os actos do seu sobriño o emperador Federico Barbarroxa. Baixo o reinado do emperador escribiu os dous primeiros libros: o Libro 1 trata o periodo desde Henrique IV ata Conrado III. En contraste coa persepciñon do Chronicon, interprétao como un tempo de preparación para a próxima plenitude do poder imperial baixo Federico Barbarroxa.
O Libro 2 describe a historia de Barbarroxa entre 1152 e 1158. Otón utilizou como fonte moitos documentos imperiais. Só acadou a rematar os dous primeiros volumes. Aínda que antes da súa morte (1158), encomendara ao seu alumno Rahewin para completar a obra. Rahewin escribiu a terceira e cuarta parte. Outro continuador foi Otón de St. Blasien.
A Gesta está pensada desde una perspectiva menos profunda no que respecta á filosofía da historia, pero recolle moitas características da historia da igrexa e de personalidades importantes, como Abelardo e Arnoldo[[Arnaldo de Brescia]]. Respecto Barbarroxa o texto non está libre de formulacións subxectivas. A visión dos Staufer ten un claro obxectivo que é -en termos modernos- podería ser chamado de propaganda. Otón tratou de representar a casa StaufenHohenstaufen baixo nunha luz que a amosase como predestinada para que nela se cumprise a vontade de Deus.
==Culto a Otón==
Na [[Orde do Císter|Orde Cisterciense]] Otón foi reverenciado como un santo. Na Arquidiocese de Viena e na de [[Múnic]] e Frisinga, con permiso concedido por Roma desde 1973, celébrase a súa festividade o 7 de setembro.<ref>Erzdiözese Wien, Direktorium. Dispoñible en http://www.erzdioezese-wien.at/pages/inst/23426524.</ref>
Na catedral de Frisinga situáse unha estatua do Beato. Baixo o altar sacramental da igrexa da mosteiro cisterciense de Heiligenkreuz hai un relicario cos supostos restos de Otón.
Para a consagración do altar da catedral de San Cástulo en Moosburg, empregouse unha reliquia do beato Otón. En 1995 erixiuse nos terreos do antigo convento Morimond una estela conmemorativa.<ref> Peter Pfister und Friedrich Wetter: ''Ihr Freunde Gottes allzugleich. Heilige und Selige im Erzbistum München und Freising'', Múnic 2003, pp. 122.</ref> No ponte Korbinian de Frisinga lámbrao unha estatua. A miúdo é representado en vidreiras, sobre todo como bispo escritor, é así na igrexa parroquial de Liesing na capela de Otón de Frisinga, en Gaaden.
Curiosamente o "santo" goza de maior reverencia entre os historiadores e xermanistas que no pobo católico da súa terra natal. Ten unha placa conmemorativa no Walhalla de [[Ratisbona]].
 
==Bibliografía==