Galileo Galilei: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}} |
→Controversia coa Igrexa: arranxo a referencia |
||
Liña 113:
Di a lenda que Galileo, tras a súa abxuración, dixo: "Eppur si muove!" (Porén, móvese!) o que posiblemente non é certo; ó dicir algo así, os oficiais da Inquisición terían obrado en consecuencia e a súa sorte tería sido diferente. A crenza, amplamente estendida, de que é algo inventado no s. XVIII é falsa. Unha pintura española, datada no 1643 ou 1645, amosa Galileo escribindo a frase no muro do seu alxube. Temos así unha segunda versión da historia, que tampouco pode ser certa, porque Galileo non estivo nunca prisioneiro nun alxube; pero a pintura amosa que algunha historia de "Eppur si muove" estaba xa circulando en tempos de Galileo. Nos meses inmediatamente posteriores tras a súa condena, Galileo residiu co Arcebispo Ascanio Piccolomini en [[Siena]], que tiña un irmán militar destinado en [[Madrid]], onde a pintura se realizou algúns anos despois. O anterior suxire que a historia foi difundida familiarmente antes de ter pasado á tradición oral.
Galileo foi sentenciado a prisión, pero a causa da súa avanzada idade (e/ou política eclesiástica) a sentenza foi conmutada por arresto domiciliario en [[Arcetri]], barrio nas aforas de [[Florencia]]<ref>
a causa dunha [[hernia]], recibiu permiso para consultar médicos en Florencia, o que lle fora denegado por Roma. Baixo arresto, foi forzado a recitar salmos penitenciarios de xeito regular, e os seus contactos sociais quedaron altamente restrinxidos, pero permitíuselle continuar nas súas investigacións menos controvertidas.
|