Diferenzas entre revisións de «Historia Brittonum»

m
m (elimino a Categoría:Crónicas medievais mediante HotCat)
A '''''Historia Brittonum''''' ou '''''A Historia dos Britanos ''''' é un libro histórico que foi escrito nalgún momento pouco despois do ano [[833]], do que existen varias versións con certas diferenzas. Pretende relatar a historia dos habitantes [[britanos]] de [[Gran Bretaña]] desde os tempos máis temperáns, polo que este texto foi usado para escribir unha historia tanto de [[Gales]] como de [[Inglaterra]]. Tradicionalmente, sinálase a [[Nennio]] como o autor deste texto, aínda que esta interpretación é cuestionada.
== Texto ==
O texto en si é unha colección de extractos, cálculos cronolóxicos, glosarios e resumesresumos baseados en rexistros previos, moitos dos cales xa non existen. Como resultado, a fiabilidade deste traballo foi cuestionada tanto en parte como no todo. O arqueólogo Leslie Alcock observou que, nunha versión deste manuscrito, o autor mesmo chama ao seu traballo unha morea de todo o que puido encontrar e suxire que se estendésemos esa metáfora, este texto é:
{{cita|(...) como un morea de pedras colocadas como sinal, desigual e mal encaixado... como un exemplo da arte do historiador é atroz. Pero ten a virtude dos seus defectos. Podemos ver as pedras individuais da morea e, nalgúns casos, podemos rastrear a rocha orixinal da que viñeron e establecer a súa idade e solidez.|Leslie Alcock, ''Arthur's Britain: History and Archaeology AD 367-634''<ref>(London: Penguin, 1971), pag. 32.</ref>}}
 
43.650

edicións