Mal de Crohn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
corrixo
Liña 2:
O '''mal de Crohn''' é unha enfermidade [[crónico|crónica]] que produce a [[inflamación]] do [[intestino]]. A súa causa é aínda hoxe descoñecida para a [[Medicina]]. A doenza provoca a [[inflamación]] da parede [[intestino|intestinal]] en todo o seu grosor. Pode ocorrer en todo o tracto gastrointestinal dende a boca ata o ano aínda que é máis habitual no final do [[intestino delgado]] e no [[intestino groso]].
 
As causas do '''mal de Crohn''' son descoñecidas aínda que parecen relacionadas cos hábitos [[alimentación|alimentarios]] e cunha disfunción [[inmunoloxía|inmunitaria]] (aparentemente ligada ó [[xene]] IBD5 do quinto [[cromosoma]] e máis o decimosextodécimo sexto [[cromosoma]]). Algúns investigadores sosteñen actualmente que a expansión desta doenza está relacionada co emprego masivo de refrixeradores e neveiras. Segundo esta hipótese, certos individuos, predispostos [[xenética|xeneticamente]], veríanse afectados pola proliferación de [[bacteria]]s capaces de espallarse a [[temperatura]]s baixas e contaminar os [[alimento]]s conservados en refrixeración.
 
É unha enfermidade cunha incidencia baixa, aínda que cada vez máis frecuente nos países industrializados. Afecta por igual a homes e mulleres. Sorprendentemente, acada unha incidencia maior entre individuos de raza xudía. As persoas con familiares afectados por [[colite]] ulcerosa. A doenza maniféstase antes dos 30 anos aínda que adoita aparecer xa entre os 14 e os 24 anos.