Muhammad IX de Granada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 13:
}}
'''Muhammad IX de Granada''' (1396-1454) foi un rei nazarí de [[Reino de Granada|Granada]] que reinou en varios períodos durante a súa vida.
 
== Contexto histórico ==
Todos os reinados de Muhammad IX estiveron marcados pola loitas entre os [[clan]]s máis influentes do emirato e polas intervencións de [[Reino de Castela|Castela]], o que resultou en tres períodos durante os cales reinaron outros emires.
 
Ao longo de todo o seu reinado gobernaba en Castela o rei [[Xoán II de Castela|Xoán II]], que subiu ao trono no 1406, cando Muhammad tiña só un ano de idade e morreu en 1454. Xoán II ten a reputación de ser un dos reis máis febles e menos capaces da historia castelá. Durante o seu reinado, Castela non representou un gran perigo militar, mais iso non impediu a Xoán fomentar desordes no emirato granadino explotando as rivalidades entre os clans de [[Granada, España|granadinos]].
 
Tamén en [[Reino de Aragón|Aragón]], durante todo o reinado de Muhammad IX, reinou [[Afonso V de Aragón|Afonso V]]. Porén, este soberano non mostrou moito interese pola política [[península Ibérica|ibérica]], aparentemente preferindo dedicarse a [[Reino de Nápoles|Nápoles]], a [[Reino de Sardeña|Sardeña]] e a [[Reino de Sicilia|Sicilia]].
 
Este contexto é a orixe de non ocorreran grandes batallas arredor os reino granadino, o que foi unha sorte para os Nazaríes que xa non tiñan calquera aliados con quen puidesen contar para os auxiliar.
 
== Traxectoria ==
=== Ascenso ao trono ===
Muhammad ben Nasr era neto de [[Muhammad V de Granada|Muhammad V]], e coñecido co alcume de ''«o zurdo»'' (''ao-Aysar'').
Non se pode dicir da situación no interior do emirato foxe boa, xa que volveuse precaria a partir do [[9 de novembro]] de [[1417]], cando morre o rei [[Iusuf III de Granada|Iusuf III]] e lle sucede o seu primoxénito [[Muhammad VIII de Granada|Muhammad VIII]] de oito anos de idade. Segundo as [[Crónica (historiografía)|crónicas]] [[Reino de Castela|castelás]], o poder efectivo ficou entón nas mans do [[visir]] do rei defunto, Alí al-Amin, que asumiu o cargo de [[Rexencia|rexente]]. Alí al-Amin pertencía ao [[clan]] dos Bannigas (Banu Egas ou Venegas). Os [[abencerraxes]] (nome castelanizado dos Banu Sarray ou Banu Sarraj; en {{lang-ar|بنو السراج}}), un clan [[Árabes|árabe]] proveniente do [[Norte de África]], rivais dos Bannigas, comezan entón a ter un papel primordial na política do [[Reino de Granada|reino nazarí]], que perduraría até ao seu final.
 
Unha serie de conspiracións, intrigas e asasinatos, envolvendo sobre todo os dous clans rivais, enfraquecen o poder. Os abencerraxes, que deteñen o comando militar en [[Guadix]] e [[Íllora]], sublévanse en [[1419]] contra a autoridade do visir Alí al-Amin e poñen en práctica unha estrataxema para derrubar o mozo Muhammad VIII e substituílo no trono por Muhammad al-'Aysar. Para iso convocan os [[alfaquí]]s ([[Fiqh|xuristas]] [[Islam|islámicos]]) na gran Mesquita de Granada e incítanos a declarar ilexítimo o goberno de Muhammad VIII por mor da súa minoría de idade. Intimidados ou convencidos, os alfaquís emiten a declaración que lles pedían. O camiño para o trono queda así aberto para Muhammad al-'Aysar, que non sobe inmediatamente á [[Alhambra]], o complexo palaciano que e a sede do poder nazarí. Al-Amin réndese e o mozo emir é destituído e encerrado na prisión coa súa familia (segundo outras fontes, foi enviado para a corte dos [[Háfsidas]] en [[Tunes]]). Os habitantes de Granada alcuman o novo soberano de ''al-Aysar'' ("o zurdo").
 
Ocupou o trono en catro ocasións, alternándose en forma violenta con outros pretendentes. A súa chegada ao trono tivo lugar polo apoio dos [[Abencerraxes]] dirixidos por Iusuf ibn Sarray, opostos a Muhammad VIII.
Liña 21 ⟶ 33:
Coa proclamación como sultán de [[Iusuf V de Granada|Iusuf]] ben Ismael, Muhammad IX fuxiu a [[Almería]] en [[1432]], pero pouco despois logrou recuperar Granada. Reiniciou entón as campañas militares nas fronteiras, perdendo diversas prazas. En [[1439]] asinou a paz con [[Castela]], pero en [[1445]] foi destronado por [[Muhammad X de Granada|Muhammad o Collo]].
 
Recuperado o trono en [[1447]], sufriu a derrota na [[batalla de Los Alporchones]] en [[1452]] por parte das tropas [[Castela|castelás]].
 
== Véxase tamén ==